Tuesday, July 08, 2008

Accede ás webs e blogs dos Sacousos



Accede directamente desde aquí ás webs e aos blogs dos membros do Colectivo Literario Sacou, picando nos seus nomes que aparecen na marxe dereita.

Friday, July 04, 2008

Dani Brión

Dani Brión, o que fora membro da Compañía Éteatro acaba de ingresar no equipo de redactores do diario ABC. Desde o Colectivo Sacou parabéns para o compañeiro Dani que aquí podémolo ver (no centro) participando nun acto conxunto de Éteatro con Sacou co gallo das IV Xornadas de defensa da cultura galega. Así como vaiamos tendo novas ao respecto, seguiremos informando.

Friday, June 27, 2008

Descargas

Xa se pode descargar o poema de Manuel Lôpez Rodrígues recollido no libro "37 poemas por man propia" da colección Bourel e que agora ven de ser publicado cunha licenza Creative Commons por 12 luas proxecto cultural de arte, internet e cc.
Descargao en PDF picando aquí
Para acceder á web de 12 lúas picar aquí

Thursday, June 26, 2008

Presentación de libro

Iria Lago do Colectivo Sacou estará na presentación de "Noia no cambio de século" ; un libro de Xerardo Agrafoxo cuxo acto será na Casa consistorial do Concello de Noia o día 28 deste més de Xuño do 2008. Iria asistirá en calidade de Directora da Editorial Toxosoutos

Wednesday, June 25, 2008

Iria Lago

Acto de entrega dos Premios de Galicia Medieval 2007, convocados pola editorial noiesa Toxosoutos e a fundación comarcal Noia-Muros. Fala Iria Lago, directora de publicacións de Toxosoutos e presidenta do Colectivo Sacou

Outra vez Estibaliz

Buscando na web de Estibaliz Espinosa atopamos un escrito sobre unha mesa redonda que tivo lugar en Puerto de Santa María (motivo polo que, intuímos, o texto está en castelán). A sorpresa e que a recoñecida poeta tivo a consideración de mencionar a nosa revista (A caramuxa) en dita conferencia. ...pois muito obrigado Estibaliz.
"Siempre hay revistas. Desde las que, con más ilusión que medios, se fotocopian y entregan en mano ( como “A Caramuxa”, una iniciativa de un colectivo de Noia,..." (picar para ler enteiro)

Sunday, June 22, 2008

Entrevista a Manuel Lôpez Rodrígues

Vostede foi un dos co-fundadores do Colectivo Literario Sacou. ¿Cre que outro movemento como «Sacou» é posible e necesario en Galicia?

-Desde logo que si. O que ocorre é que o Colectivo Sacou naceu para ser unha alternativa á Concellería de Cultura de Noia no ano 98, pero o proxecto expandiuse a todo o país. Agora; en Noia é posible, pero aínda é máis necesario que alguén colla o relevo de «Sacou».



Anaco da entrevista feita a Manuel Lôpez Rodrígues por Ana Martinez para o ABC. Picar para seguir lendo

Tuesday, June 17, 2008

Hemeroteca

Un recital anunciado, entrañabel e... frustrado á última hora foi o que o Colectivo Literario Sacou organizou con "Novas Verbas" de Negreira na Casa da Cultura de Noia. As poetas trouxeran os poemas a recitar en "formato diapositiva". Curiosamente o lector de diapositivas da Casa da Cultura deu en desaparecer ese mesmo día e fora gardado no almacén de dito edificio (...non vaia ser que aos rapaces de Sacou lles dea por romper o aparato!!!).

Despois de tentalo todo, incluíndo saltar a valla do IES Virxe do Mar para pedirllo prestado ao Instituto, o acto foi finalmente suspendido.


Con todo iso, a noite fora agradabel: convidamos ás poetas a cear e rematamos por levalas ás suas casas unha vez transcurridas varias horas.


Correo

Recibiamos no noso enderezo electrónico o seguinte correo. Deixamosvolo aquí por se algún colaborador ou membro do Colectivo Sacou ten interese no tema:

Ola amigos: Tan só convidarvos o concerto que se celebrará o vindeiro sábado día 14 de Xuño no pavillón de Deportes dos Remedios, en Ourense. A nosa actuación está prevista para as 12 da noite pero a partires das 9 e media da noite xa podedes desfrutar de Ultraqans e Suspenders.Despois de nós, tedes a ocasión de desfrutar dos míticos Betagarri, de Euskadi. Ah, por certo, estreamos camisolas! Un saúdo: GUEZOS.

Thursday, June 12, 2008

The weak force

Levábamos uns días pendentes da final de grupos Rock-Metal que se ía celebrar en Santiago de Compostela o venres 13 de Xuño. Isto é o que saía no Correo Galego .
Pois ben, The weak force acadou un prezadísimo terceiro posto; premio galardoado con 500 euros. Non podemos facer menos que aledarnos por este triunfo e agardar que grupos e iniciativas deste tipo continuen có traballo xa comezado. Parabéns "The weak force"!!!!!
Mais información no blog de Manuel Lôpez Rodrígues (picar)

Saturday, June 07, 2008

Eventos

Por primeira vez na súa historia, Noia servirá de escenario para a realización dun campus de verán da Universidade de Santiago, que inclúe a impartición de tres seminarios entre o 14 e o 18 de xullo, e do 4 ao 6 e do 17 ao 19 de setembro. (picar para seguir lendo)

Thursday, June 05, 2008

Música

A banda de Rock Metal; "The weak force" acaba de clasificarse para a final do "Festival de música xove´08" organizado polo Concello de Santiago. Un dos temas cós que se presentaron a este festival é o titulado "A grande tribulación" que non é mais que un poema adaptado do membro do Colectivo Sacou, Manuel Lôpez Rodrígues. Entre os compoñentes do grupo musical atópase Xan Santos, colaborador ocasional de Sacou con debuxos e pinturas.
A final será o vindeiro venres 13 (bó día para un concerto de rock duro) na Sala Capitol de Santiago de Compostela.

Compañía "éteatro"

Está pendente nesta web unha entrada ao grupo relacionado con Sacou, Éteatro ou mellor dito: "éteatro". Unha vez que este grupo escénico deixa a súa actividade, Xosema esperante e Javier (Bordure), director e actor respectivamente da compañía fundan "Escama" en Madrid como continuación do grupo que actuaba na zona do Barbanza. Estes son algúns enlazos relacionados coa farándula, pola parte que nos toca:
-"Concerto" de Manuel Lourenzo. éteatro. Dir.: Luís Avilés. 2002.
-Escama Teatro “Matanza” en Benicassim

Hemeroteca

O 09 de maio do 2003 saía na prensa a nova sobre as actividades que se ían realizar no Instituto Espiñeira en Boiro. Sacou, como non podía ser doutra forma tamén estaba alí: (picar para seguir lendo)

Wednesday, June 04, 2008

Unha carta

Recibiamos no noso enderezo electrónico (sacounoia@hotmail.com) unha mensaxe que coido que a todos os membros de Sacou e amigos vos pode interesar:

O 17 de maio inaugurouse o proxecto cultural 12 lúas de Artes, Internet e CC. Pretendedo a libre divulgación das disciplinas artísticas. O proxecto 12 lúas ademáis ríxese polas licencias Creative Commons con base derivativa, de recoñecemento e ámbito non comercial. A súa web http://12luas.blogspot.com. Para participar puxeron un email a súa disposición: 12luas@gmail.com
Despois de 15 días, temos que dicir que estamos bastante ledos pola participación do resto dos colectivos, colaboradores, prensa,etc. Tardei bastante en atopar o voso mail no voso blog. O cal estaba ó fondo de todo. Este email é unha invitación ó voso colectivo SACOU a participar neste proxecto 12 lúas se o desexades.

Desde Sacou aledámonos cada vez que un proxecto deste tipo sae a luz. Parabéns e facemos un chamamento para que colaboredes.

Tuesday, June 03, 2008

Prensa

O domingo 2 de abril do 2003 saía na prensa esta nova no que se facía referéncia á sesión de apertura das IV xornadas de defensa da Cultura Galega organizadas polo Colectivo Sacou e presentadas por Iria Lago e Manuel Lôpez Rodrígues (tal e como se pode ler). A nova viña acompañada desta foto do público asistente onde se pode apreciar aos outros membros de Sacou; Manolo do Río e Nacho Suarez e a amiga do colectivo; Carreira Pol.
Pilar Sampedro, Manolo Barreiro e Ana romaní foron os convidados encargados de falar sobre a faceta mais persoal e achegada de Antón Avilés de Taramancos.

Literatura

O Galeusca dos editores busca en Lleida políticas comúns para os tres países. Entre outros asuntos, tratarán as axudas á edición, a gratuidade dos libros de texto, os dereitos de autor e a proxección no exterior.
O encontro terá lugar en Lleida entre o xoves e o sábado e servirá para analizar a situación do sector e posíbeis políticas comúns, con especial atención á industria editorial nas nacións sen Estado na Península. A nosa compañeira Iria Lago (presidenta do Colectivo Sacou) estará por alá representando á Editorial Toxosoutos. Picar para seguir lendo.
(Enlazo a vieiros)

Sunday, June 01, 2008

Agora rei... (outra vez)

Nesta web temos falado en diversas ocasións desa montaxe a medias entre Sacou e Éteatro chamada "Agora rei... bebamos xuntos o veleno". Esta foi a nova saída na prensa ao día seguinte. Estamos a falar do 29 de novembro do 2003. Picar aquí para seguir lendo.

Friday, May 30, 2008

Acto na Serra de Outes


Este cartaz que estades a ollar é do ano 2002. Nesa ocasión tocaba recalar na Serra de Outes

Os amigos/as

O Colectivo Literario Sacou mantivo, ao longo da súa existencia, diversos contactos con amigos e xente da cultura en xeral. Un dos casos foi o de Estibaliz Espinosa. Eis unha das cartas chegadas desta poeta para Sacou:

Wednesday, May 28, 2008

...do blog de Iria

Volvo á páxina do Colectivo Sacou e vexo a Manolo danzando con Inés...faltan as fotografías da viaxe ao Caurel onde o devandito ollaba con instinto pornográfico a unha rapaza coa que comemos e que era sobriña do homenaxeado. Manolo, Manolo...que andarias facendo por Paris. Olla...Manuel, que eu por Buenos Aires tamén fiquei coxa. E tiven de ir a un masaxista e todo. Manolo fala das cidades que pensamos e eu vos conto que... (picar para seguir lendo)

Hemeroteca


O 11 de agosto do 2001 saía na prensa o amplo programa de actividades culturais que o Colectivo Sacou tiña previsto pór en marcha nese intre. Recuperamos esta nova do periódico "La voz de Galicia" que podedes ollar picando aquí.
-
Na fotografía Xoan Fernandez e Iria Lago (ambos de Sacou) con Fernadez Rei.

Praza das letras

A web que a Xunta de Galicia ten na rede con toda a actualidade cultural do país ven de referirse ao fallo do XIV Certame de poesía Suso Vaamonde. Para acceder picar aquí

Saturday, May 24, 2008

Agora rei...


...recurrindo ao baúl dos recordos; neste caso sacar á luz unha das fotos do recital poético 'Agora rei, bebamos xuntos o veleno', unha mestura de poesía e teatro organizada por Manolo do Río coa colaboración dalgúns membros dos grupos 'Sacou' e 'Éteatro'. O recital foi parte das cuartas e derradeiras Xornadas de Defensa da Cultura Galega que fixemos durante unha tempada en Noia.
g
(Na foto: Manolo do Río, Manuel Lôpez Rodrígues, Dani Brión, José Sóñora e Ramón Blanco. Non saen na foto: Oscar Sendón que estaba encargado do són e Iria Lago que poñía as voces en off)
g
(Extraído do fotolog do membro de Sacou Manolo do Río)

Fotografías do Colectivo

Facendo o Indio

Non exactamente o indio... O día das Letras acompañamos ao amigo e poeta Manuel Lôpez Rodrígues a recoller o premio Suso Vaamonde que gañara, en Vilagarcía. O libro aparecerá dentro duns meses...

O fondo musical era a foliada galaico-portuguesa (un grupo lusitano e uns gaiteiros locais), e o mantedor non puido reprimir o impulso de demostrar que ten o sentido do ritmo dun parrulo mareado...
(Manolo do Río baila con Inés mentres Ramón Blanco fai palmas)

(texto extraído do fotolog do membro de Sacou: Manolo do Río)

A caramuxa

Qué foi "A caramuxa"? Eis unha explicación dada desde unha web da Universidade de Santiago de Compostela (USC) sobre o voceiro do Colectivo Literario Sacou.

Wednesday, May 21, 2008

Hemeroteca do Colectivo Sacou

O 24 de marzo do 2001 e Invitados polo Colectivo Literario noiés Sacou, responsabeis de editoriais galegas analizaron na Casa dá Cultura de Noia a situación da produción editorial e as súas vías de expansión. Esta foi a nova que saiu na prensa (Picar aquí)

Friday, May 16, 2008

Entrega do Premio de Poesía Suso Vaamonde

Estas son as fotografías tomadas en Vilagarcía de Arousa durante a entrega do Premio Suso Vaamonde de poesía a Manuel Lôpez Rodrígues. Ao longo do acto estiveron presentes membros do Colectivo Sacou como Oscar Sendón, Manolo do Río, Ramón Blanco... amigos/as como Eli, Ara, Inés ou Blan ou intelectuais como Carlos Taibo. A todos moitisimas grazas pola vosa asistencia!!

Prensa

Estas son as novas saídas na prensa que fan referéncia ao XIV Premio de poesía Suso Vaamonde:

-- EL Correo gallego (picar)

--Open. Vieiros (picar)

--Fervenzas Literarias (picar)

Thursday, May 15, 2008

...da bitácora de Modesto Fraga

O poeta Modesto Fraga ven de adicar unha entrada ao libro "Antítese nativa" de Manuel Lôpez Rodrígues có gallo do galardón acadado recentemente por parte da Fundación Amigos de Galicia. Para acceder picar aquí

XIV Certame de Poesía Suso Vaamonde

Esta é a nova que sae hoxe na web do Concello de Vilagarcía referente ao XIV Premio de Poesía Suso Vaamonde da Fundación Amigos de Galicia:

Wednesday, May 14, 2008

Manuel Lôpez Rodrígues

Premiado "Antítese nativa" do poeta de Sacou Manuel Lôpez Rodrígues

A "Fundación amigos de Galicia" ven de concederlle o XIV Certame de Poesía Suso Vaamonde a Manuel Lôpez Rodrígues polo seu poemario "Antítese nativa". O xurado estivo formado por Luís G. Tosar, Xosé Alonso e Antón Grande. A entrega do premio farase efectiva o Sábado 17 de Maio (Día das Letras Galegas) no Parque Enrique Valdés Bermejo en Vilagarcía de Arousa. O libro galardoado será próximamente publicado. Seguiremos informando a medida que vaimos tendo coñecemento...

Tuesday, May 13, 2008

Teatro

Do 2 de maio de 2008 ao 18 de maio de 2008 temos no Salón Teatro de Santiago de Compostela a obra "Estigma" do Centro Dramático Galego. Iniciado no verán de 2007 como exercicio de escrita a tres bandas a cargo dos autores Jacobo Paz, Vanesa Sotelo e Rubén Ruibal, último Premio Nacional de Literatura Dramática. Dani Salgado, coordinador do proceso de escrita, exerce agora como director escénico desta montaxe, para o que comezou o traballo cun reparto para cinco actores: Xavier Deive, Xosé Manuel Esperante (que fora director e actor do Grupo Teatral "éteatro", do Círculo do Colectivo Sacou), Clara Gayo, Vicente de Souza e María Tasende Cotelo.
Animamos a todos os sacousos que se acheguen a Compostela a ver a posta en escena do CDG e a actuación do noso amigo Xoséma Esperante. Para mais información picar aquí.

Friday, May 09, 2008

Orfeu en soños

O día 27 do 1 de 2006 a periodista Ana Martinez sacaba unha nova no xornal ABC onde se facía referéncia ao libro de Ramón Blanco "Orfeu en soños" que se acababa de presentar na "Galería Sargadelos" en Santiago de Compostela. (Picar para lér a crónica)

Wednesday, May 07, 2008

Lecturas recomendadas

Syra Alonso. Diarios. Ed. A nosa Terra. Colección: Mulleres (nº 3). Vigo, 2000 Tradución do castelán: Anxos Sumai.

Este libro garda a memoria dunha muller valente. Syra Alonso Brufau escribiu estes diarios, que son en realidade dous cadernos de memorias redactadas respectivamente en Tordoia (datadas en Compostela en 1938) e Actopán (Veracruz - México, en 1945).

No primeiro relata a traxedia de 1936, cando fusilan na Coruña ao seu home, o pintor Francisco Miguel Fernández Díaz, co que vivía en Oleiros, na que ela chamaba a "Casa da Felicidade". A autora consegue transmitirnos a súa angustia agardando a liberación do home, que non chegará nunca, e paralelamente déixanos pinceladas terríbeis da represión franquista en Galiza.
No segundo caderno conta o que foi a súa vida desde o asasinato de Francisco Miguel até que consegue marchar a México, levando con ela aos seus tres fillos. Mais esta partida é en realidade un regreso, porque xa vivira alí co seu home, de 1926 a 1933, cando coincidran coa intelectualidade revolucionaria que inundaba aquel país, onde tan ben foran acollidos.
Lendo estas páxinas, debatémonos entre dous sentimentos: a ledicia porque a arte desta escritora non fose eclipsada pola fama do pintor, e a tristura por pensar que a isto contribuíu a desgraciada morte del, ruptura do seu auxe pictórico e causante destas memorias.
O que nos fascina deste libro é a frescura, dureza e sensibilidade do testemuño de Syra Alonso, e a emoción contida en moitos episodios, como o que se conta no capítulo XV do primeiros "diario".

por Ramón Blanco (Colectivo Sacou). Extraído do nº 2 da revista Terra de Outes

Tuesday, May 06, 2008

Hemeroteca

O día 14 de abril do 2004 saía na prensa unha nova sobre as actividades que o IEs Virxe do Mar de Noia, co gallo da súa "Semana Cultural", tiña previsto realizar no centro. O Colectivo Literario Sacou estaba, entre moitos outros, no programa de dito evento.

Picar para lér a nova

Saturday, May 03, 2008

Fotografías


Este foi un recital poético improvisado que organizamos no cumio do Pindo, fará uns 2 ou 3 "12 de Outubros". Despois de plantar a enseña nacional estilo 'Iwo Jima', tivemos opípara paparota, ron cubano, bromas e versos...

os días felices que nunca se esquencen...
(Na foto: Manolo do Río e Ramón Blanco)

Hemeroteca

O día 15 de maio do 2004 saía na prensa a noticia dos premios do certame Francisco Añón que eran entregados na casa de cultura da Serra de Outes. Oscar Sendón do Colectivo Sacou sentábase na mesa con Xabier Castro e o alcalde de Concello, entre outros.

(picar para lér a nova e ver a fotografía)

Wednesday, April 30, 2008

Dia das letras galegas


Este ano 2008 adicaselle o Día das Letras Galegas a Xosé María Alvarez Blazquez. Podedes acceder à web do 17 de Maio picando aquí

Iria Lago

"Marcho o luns para Buenos Aires alí me agarda un hotel fantástico en Palermo Soho e unha nova Feira..." Estas son as palabras de Iria Lago na última entrada do seu blog. Está claro que as/os rapazas/es do Sacou non teñen parada no que a traballo se refire. (Do espirito viaxeiro mellor non falemos...).

Picar para seguir lendo

Proxectos audivisuais


Horreo Project Pictures. Así é como se chama o proxecto audiovisual que xa está en marcha grazas à iniciativa de Oscar Sendón do Colectivo Sacou e Dani Brión da A.C. éteatro. Polo pouco que até de agora temos en coñecemento podemos dicir que se trata dunha proposta aberta e plural... ... curtametraxes, música e literatura se concentrará nesta nova idea que agardamos teña un éxito arrollador.

Conferencias

O membro do Colectivo Sacou; Manolo do Río lisca esta semana para parís a onde vai dar unha conferencia sobre as "Cibercidades" (“Mapping the unmappable”: Aplicando o xiro espacial ás coordenadas da literatura galega). Durante toda a viaxe o autor e conferenciante irá dando as aventuras, desventuras e eventualidades na súa bitácora. Estaremos atentos.

Nesta web informaremos tamén de todo canto vaia ocorrendo. Polo de agora ofrecémosvos o programa enteiro picando aquí

Tuesday, April 29, 2008

Terra de Outes


Sae à venda o número 2 da revista da "A.C.C. Terra de outes"

Neste número podense lér artigos como "A morte de Chema Fuentes" , "Os Horreos de San Lourenzo", "As cartas forais de Vara" e unha entrevistas con Ana Lagares entre moitas outras seccións.

Os membros do Colectivo Sacou; Ramón Blanco e Manolo do Río participaron con diversos escritos.

O prezo da revista é de 1 euro e para mercala podesde poñervos en contacto coa Casa da cultura do Concello de Outes.

Dirección:
Avda. San Campio, nº 1, 15230 Serra de Outes
Teléfono: 981 850 950

Sunday, April 27, 2008

Estatísticas web

Agora podes consultar o número de visitantes que esta web tem diaria, mensual e anualmente picando cá Deixamos esta opçom aberta para que todos os membros, amigos e visitantes do blog do Colectivo Sacou accedades a estes e outros datos sem necesidade de introducir claves ou contrasinais.

Saturday, April 26, 2008

Xornadas Francisco Añón

A semana pasada tivemos na Serra de Outes unhas xornadas (as segundas) adicadas a Francisco Añón, e organizadas pola Asociación cívico-cultural 'Terra de Outes' , acubillo de mandaríns e aspirantes na que estou inserido. Entre as distintas conferencias do programa, unha que motivara a miña sorpresa foi aquela na que aparecía eu mesmo coma ponente, sob o título ' O Humor en Francisco Añón', tema no que nen moito menos me consideraba un experto, mais que coa axuda dunha pequena torre de libros, notas, conferencias manuscritas e a inestimábel axuda de Ramón, rematou cunha charla (adiantada, amais, en 3 días por enfermidade dunha das persoas) na que salvei os mobles con bastante dignidade -ao cal non é alleo, coma sospeito, certo aplomo retórico e rodamento que axuda a transmitir a imaxe de que en realidade sabes moito máis do que dis-.Canto ás demais paroladas, en xeral estiveron bastante ben, anque co problema inevitábel (escaseza de fontes) de tornarse por veces un tanto repetitivas no material que ían glosando. Podemos destacar a de Ramón Blanco, sobre as edicións da obra do poeta de Outes, ou a de Gonzalo Navaza, que leva anos preparando e sen sacar un monumental estudo literario da poesía de Añón que imaxinamos verá a luz algo ano próximo...O mal tempo impediu, o derradeiro dos días, levar a cabo un roteiro 'polas terras de Añón'. Mais xa que non escalamos riscos e outeiros, permítome colar aquí un Risco (Vicente) e un O(u)te(i)ro (Pedrayo) describindo levemente á lira quebrada e outense do Pre-Rexurdimento...
"A fronte despexada, moi ancha, da que vai recuando o cabelo, que semella levado pra tras por un vento de treboada -o vento de que foi xoguete a vida do gran romántico, do gran viaxeiro, que foi un piuco com' as follas secas que cantou Castor Elices, ánimo incerto, que loita desespradamente co-a sorte, que é o vento qu' axita ises cabelos, botados pra tras, co ise peiteado que n-aquil tempo chamban à la Robespierre, en consonancia co-as ideas do autor do Himno dos povos, o cual amostra tamén un bigore castelarino, com' as sobrecellas... Añón tiña un dermatoesquelete repubricán..."Vicente Risco
"Paralelamente ô verso bárdico 'Os tempos son chegados' dixo Añón: 'O tempo s' apresura -Querida patrea, escoita -Ise xemido rouco que racha o aire ván'. Chegaba unha realidade pol-o entón, redentora. Añón no seu cerne vate da Terra cantou o progreso. Viña pra esparexar a morna priguiza anterga. Inda deitaban por riba do verdecer dos liños, sombras abafantes de estreituras noxentas".Ramón Otero Pedrayo


Texto extraído do blog de Manolo do Río (Trasalba)

Iria Lago

A que fora presidenta do Colectivo Sacou e agora directora de publicacións da editorial noiesa Toxosoutos, Iria Lago, xa conta cun blog persoal-profesional.

Para os curiosos e interesados picar aquí

Saturday, April 19, 2008

Critica de libros

Orfeu en soños é a primeira obra do poeta de Serra de Outes Ramón Blanco, membro do Colectivo Sacou. O libro, que conta con ilustracións M. Mariño Reino, divídese en dous partes: unha primeira, "Rústicas flores", con quince composicións de temática diversa; e unha segunda, "A morte e a morte de Ofelia Gonçalves", con oito composicións organizadas como unha elexía. A voz dos poemas incorpora unha serie de achegas fragmentarias que a descentran e dispersan nun intento calidoscópico de captar imaxes, voces exteriores, superposición de coordenadas cronolóxicas e de afondar na introspección da expresión lírica. O poemario é, en síntese, unha mestura de xéneros, estilos e materiais nunha paisaxe culturalista e asemade cotiá. Así poden recorrerse referencias paródicas (e non) á lírica medieval, Pessoa, Cunqueiro, Elliot, Pound, e unha larga lista de fontes literarias tanto da tradición occidental como da galego-portuguesa. Pero tamén están presentes a expresión da angustia amorosa e as invitacións ao amor erótico ou a cidade como escenario da deshumanización moderna.

Extraído do INFORME DE LITERATURA 2005

Agradecementos

O grupo musical Shine d´A Coruña agradeceu no seu blog ao Colectivo Sacou pola súa asistencia ao concerto que deron no Café Antano na Serra de Outes. Desde aquí felicitalos a eles por tan grande actuación e desexarlle o mellor no futuro. Agardamos telos por aquí perto o mais axiña posibel.

Picando aquí podedes ollar as fotografías sacadas nese día onde, ademais dos membros de Shine, podedes ver aos membros de Sacou: Ramón Blanco, Manuel Lôpez Rodrígues, Manolo do Río... a María Sacido e José Sóñora (Joe) de ÉTEATRO e a diversos amigos achegados deste entorno cultural como "os luíses", "as Anas", etc... etc...

Francisco Añón


Desde o día 14 ao 20 de abril (de 2008), e có gallo do 130 aniversario da morte do Poeta Añón, tivo lugar na Casa da cultura da Serra de Outes un curso de historia e literatura sobre a vida do vate de Boel. Este curso homologado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia contou con diversas conferéncias entre as cales compre salientar a dada por Ramón Blanco Fernandez sobre as "diferentes edicións da obra de Añón" e a de Manolo do Río sobre o "humor na poesía de Añón". Agardamos ter nos vindeiros días o suceso de ditas ponencias.

Thursday, April 17, 2008

Eventos


Iria Lago participará en feiras e salóns do libro en Barcelona, Buenos Aires, Sao Paulo, México e Frankfurt representando à Editorial Toxosoutos. A que fora presidenta do Colectivo Literario Sacou foi escollida directora da entidade en sustitución do finado Pepe Agrelo.

A noticia dada polo xornal "La voz de Galicia" podese lér picando aquí

Tuesday, April 15, 2008

Hemeroteca

A pegada do poeta de Taramancos

O 01 de novembro do 2003 saía na prensa unha nova referente as IV Xornadas de defensa da cultura galega que organizaba o Colectivo Sacou. A sesión de apertura servira para poñer de manifesto en Noia a sinal deixada por Antón Avilés. O acto fora presentado por Manuel Lôpez Rodrígues e aproveitouno Iria Lago para arremeter contra os "oportunistas" do "Ano Avilés". Podedes ollar na fotografía da noticia dada por "La voz de galicia" a Nacho Suarez (flor de toxo) e a Manolo do Río; ambos membros de Sacou.

(picar para lér a crónica)

Saturday, April 12, 2008

Conferencias (2)

En vista de que as charlas das Xornadas de Añón aínda teñen que vir a semana que ven, imos falar brevemente doutras conferencias, xa consumadas, que tiveron lugar fai 3 días, o xoves 10 de Abril na Facultade de Filoloxía en Santiago de Compostela.

Ese día (anque a chegada á cidade estaba prevista para o día anterior) remataba a pequena peregrinaxe a Santiago que, dende o Courel, emprendeu un grupo de estudantes de Filoloxía Hispánica da Universidade de Paderborn, baixo a dirección da Profesora e Doutora Cristina Bischoff. A excursión, acompañada de varias ponencias realizadas polos estudantes, formaba parte dun programa de acercamento á cultura galega. En Compostela, os visitantes foron agasallados con dúas conferencias sobre a nosa língua e literatura: unha a cargo de María López Sández (Doutora pola USC, Profesora de Secundaria e especialista na paisaxe na literatura galega), que consistiu nunha panorámica global das nosas letras e historia literaria; e a outra a cargo de Manuel do Río, membro do antigo Colectivo Sacou, que se centrou na lectura e contextualización das principais correntes e autores poéticos galegos do século XX. Percorrido que incluiu textos de (entre outros) Ramón Cabanillas, Manuel Antonio, Álvaro Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro, X.L. Méndez Ferrín, Uxío Novoneyra e Noel Blanco Mourelle.

Despois das ponencias tivo lugar un paseo pola cidade vella, onde o grupo alemán foi familiarizado coa xeografía e a historia das nosas pedras, antes do seu merecido descanso trala camiñata. O venres pola mañán, os estudantes presentaron algunhas das ponencias que prepararan.

Os contactos seguen en activos, para seren reanudados en moi breve, nas xornadas sobre literatura e cidade que terán lugar en París entre o 1 e o 12 do mes de Maio.

Wednesday, April 09, 2008

Conferencias

Rámon Blanco e Manolo do Rio, ambos membros do Colectivo Sacou, estaran próximamente no ciclo de conferencias que terán lugar na Serra de Outes sobre a figura de Francisco Añón. Daremos conta sobre esta noticia en vindeiras entradas e con maior información.

Thursday, March 27, 2008

Concerto expansivo

Este video foi gravado durante a Actuaçom Nunca Mais o 1-02-2003 em Noia de 7 LVVAS com Fran Velo de Heredeiros da Crus ao baixo. Clips de "A do Candám" e "Demo".

Ditos temas estam introducidos por umhas verbas de Manolo do Río (membro do Colectivo Sacou).



Aínda que nom se escuita muito bem, pode-se apreciar como Fredi fai mençom a certos concertos censurados de Heredeiros da Crus e a algum tema de 7 Lvvas.
Alfredo Barreiro estase a referir exactamente ao aviso dado por parte do Concelho de Noia (naquel intre baixo goberno dumha alcaldesa do PP) a Radio Noia, à que se lhe recomendava nom "pinchar" o tema "calexons" por "incentivar à mocidade ao consumo do alcol e das drogas". O curioso do asunto é que "calexons" é umha fermosa cançom de amor.
Como dato curioso compre dizer que Manuel Lôpez (C. Sacou) que trabalhava (como colaborador) em dita radio (com programas musicais e deportivos) foi o derradeiro locutor que tivo a emisora, ao ser fechada de maneira repentina e definitiva polo citado Concelho mentres se estava emitindo o seu programa "Espiral" (todo isto meses depois da polémica e de que Radio Noia se negase a acatar os ditados do goberno local).

Essa mesma tarde a ACRN (Asociaçom de colaboradores de Radio Noia) entrava pola força na emisora conseguindo emitir durante 20 minutos um comunicado contra o feche).

Hoje em día (e 3 legislaturas depois daquela) a localidade segue sem disponher de emisora propria.

Friday, March 14, 2008

Normalización do Idioma

O decreto de galeguización do ensino non universitario, aprobado polo Consello da Xunta en xuño do ano pasado non se está a aplicar. Así o denunciaron este xoves nunha conferencia de prensa en Compostela Carlos Callón, da Mesa pola Normalización Lingüística; Anxo Louzao, da CIG-Ensino; e Xoán Costa, da Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG). Os representantes das tres entidades acusan á Consellaría de Educación de non ter o mínimo interese polo cumprimento do decreto. As tres organizacións coinciden en sinalar que o fracaso na aplicación do decreto é responsabilidade exclusiva do departamento que dirixe Laura Sánchez Piñón. Cando xa transcorreu a metade do curso, a consellaría non promoveu o coñecemento do decreto entre o profesorado. Anxo Louzao subliñou que os docentes non están a recibir ningún tipo de formación específica para que poidan aplicar a normativa con éxito. Mais os problemas son tamén estruturais xa que nestes momentos a consellaría non dispón dunha subdirección xeral de Normalización Lingüística que poida asesorar aos centros e tamén velar polo cumprimento do decreto nos mesmos.A insubmisión non se penalizaOs representantes dos colectivos sinalaron que a inmensa maioría do profesorado é proclive á aplicación do decreto. Porén, tamén recoñeceron que hai casos puntuais de “insubmisión” deliberada ao decreto. Así o propio Carlos Callón sinalaba que era incomprensíbel que as autoridades educativas non requirisen aínda a algúns docentes que indicaron por escrito que non cumprían o decreto.O propio Anxo Louzao fíxolle unha advertencia a Educación, se non se toman medidas antes de que remate o curso para corrixir a situación vanlle pedir aos equipos de normalización lingüística que presenten a súa dimisión como medida de protesta.

Nova extraída de Vieiros.com baixo licenza Creative Commons

Thursday, March 13, 2008

Oriana Mendez


A escritora e colaboradora do Colectivo Sacou, Oriana Mendez, mencionou com data 06 de junho de 2007 e com o galho da noticia em xornal.com sobre o seu livro `Derradeiras conversas co capitán Kraft´, a nossa revista "A caramuxa" onde ela publicou em diversas ocasions.

...
Para lêr a nova completa saída na prensa podedes picar

Tuesday, March 11, 2008

Música

Umha das cousas que desde sempre tivemos presentes pero que fomos "quase incapaces" de levar adiante como Colectivo, estivo no eido da música. Poucas coferências com o tema (algo com o Conservatorio de Lalim ou sobre os instrumentos clássicos galegos) e mais nada foi o que Sacou chegou a realizar. É curioso que dum tempo a esta parte diversos pubs ou salas fagam proliferar, concerto tras concerto, pequenos grupos da comarca ou de todo Galiza. Suponho que haberá membros do Grupo Literario que lembraram algum que outro acto nosso a maiores.

SHINE é um destes grupos que, tras anos de existéncia, estaram na Serra de Outes tocando o repertorio do seu último disco. Parabéns para todas as iniciativas culturais que dum modo independente se organicem de cara a defessa da cultura em geral.


Friday, March 07, 2008

Viaxe a Cuba


Xa vos teño colado por eiquí algunhas das estampas da miña estadía Cubana (aínda fican moitas, que isto das cámaras dixitais permite facer unha morea de fotos). Ésta é máis ben un dos momentos 'preparatorios'. O mantedor está a ler algún dos poemas cómicos e onomatopéicos que mercara ese día, obra do afro-cubano Nicolás Guillén ("Sóngoro Cosongo", "Mayombe-bombe"), que anque non sexa un primeira fila, foi premio Lenin no ano 54... Na fotografía que podedes ollar aparecemos Manolo Do Río e Manuel Lôpez Rodrígues. O fotógrafo Ramón Blanco.

Thursday, February 28, 2008

Obradoiro literario

Diversos escritores e afeiçoados à novela e literatura em geral ajuntárom-se em Noia para seguir as recomendaçons de David Perez Iglesias. O curso que já leva três messes de andaina e que parece ser continuará durante os vindeiros dias, conta com membros do Sacou entre as suas filas como Ramón Blanco, amigos do Colectivo como Jose Sóñora (Joe) de ÉTEATRO, Inés ou escritores reconhecidos como Martín Veiga.

O resultado deste obradoiro será publicado em um livro de relatos editado pola editorial Toxosoutos de onde a presidenta de Sacou, Iria Lago, é directora.

Wednesday, February 27, 2008

Sacou en Cuba

Outra estampa habanera... Nesta ocasión, estamos dentro no Hotel 'Tristón' (en realidade, chamábase Tritón, pero o alcume que lle puxo un dos taxistas resultou do máis apropiado pola súa fealdade, cutreza e lonxanía do centro da cidade). Buscando agasallos para os amigos, topamos un recopilatorio de xornais da época da Revolución, e pareceunos o mellor para o noso Moncho, o maior entusiasta que coñecemos de tódolos aspectos da cultura cubana.
Na escea, o Mantedor le entusiasmado cómo fusilan a un xeneral batistián que resposta, entre irónico e sincero, 'Ya tienen su Revolución. Ahora, cúidenla".

llljhjjjkhkhkhjkh
Outro texto coa conseguinte fotografía de Manolo do Río extraidos do seu fotolog. Neste caso Habana é o sitio escollido onde tanto Manolo como Manuel Lôpez entraron en contacto con diversos escritores, poetas, etc... da illa. Foi unha mágoa que tanto o recital que se tiña previsto facer en Cuba no nome do Colectivo Sacou, como a edición dun libro dos bates Cubanos en Galiza, non chegasen a realizarse.
lll

Friday, February 22, 2008

7 Luvas (os videos)



Falavamos días atrás sobre o grupo músical "7 Lvvas" e sobre a sua influência no Colectivo Sacou. Umhas pequenas notas a maiores: Manolo (M.M. Reino), que sae nos videos tocando o baijo, foi o ilustrador do livro de Ramón Blanco e de algumhas "Caramuxas", que como bem sabedes era o vozeiro do grupo literario. Manolo também é proprietario do bar "Ummagumma" onde os escritores do Colectivo fixerom algúm que outro recital. Asimesmo, Manolo também colaborou com quadros e montagens para a exposiçom de artistas galegos que se fixerom nas "Jornadas de defessa da Cultura Galega". Fredi, o cantante (já dixemos), colaborou em A Caramuxa com textos, participou nas juntanças da Sexta feira com os Sacousos, etc, etc... "Yiyo" que toca a batería é o proprietario do bar "O trabuco" onde o Colectivo literario fixo um recital poético

Thursday, February 21, 2008

Membros do Colectivo Sacou


A verdade, xa nen lembro de cando debe ser esta foto. O Colectivo Sacou xa levaba bastante a andar nela (xa que polo escenario debe ser un pre- ou post- acto dos que celebramos na Casa da Cultura, e non comezamos con esas cousas até os anos 99/2000). E nembargante, é unha imaxe que conxuga á perfección a camaradaxe e a laboura común de creación e defensa da cultura galega, de dinamización local que se esconde baixo aquelas nosas siglas. Outras fotos (sobretodo as que tomamos nos actos de Ourense e Allariz) tamén transmiten moito do espírito, mais nelas somos uns cantos menos. Un brinde, Sacousos!

Así fala Manolo del Río no seu fotolog sobre esta fotografía. Os membros de Sacou que se poden ollar son (de esquerda a dereita e de arriba a abaixo): Manolo del Río, Xoan Fernandez, Iria Lago, Manuel Lôpez Rodrígues, Ramón Blanco, Nacho Suarez (Flor de Toxo) e Oscar Sendón. Faltan os tamén membros do Colectivo: Ricardo de Barreiro e Anxo Otero.

Estatísticas web


Agora podes consultar o número de visitantes que esta web tem diaria, mensual e anualmente picando cá
Deixamos esta opçom aberta para que todos os membros, amigos e visitantes do blog do Colectivo Sacou accedades a estes e outros datos sem necesidade de introducir claves ou contrasinais.

Wednesday, February 20, 2008

7 LVVAS

Para os que cursamos o bacharelato no instituto de Noia Virxe do mar, lá onde nos conhecimos e no mesmo sitio onde nasceu o Grupo Literario Avilés e posteriormente a Tertulia Literaria Adamajuana... umha banda sonora aínda voa polo ar da Rúa Ferrador, entre o, precisamente Pub Adamajuana e a Cervejaría M-15. Quiçá estivo Ramón algumha vez sentado nas estreitas mesas de ambos lugares intercambiando absurdas palavras com Anjo, Xoán, Nacho... Quiçá algumha partida de jadrez foi o detonante para que a noite fosse mais fervente... Quiçá a música que Manolo Pechaportas ponhía naquel pracido lugar (Dylan, Neil Young...).

E é que nom podo evitar por-me nostálgico quando andamos a falar do que fora o curso mais produtivo de muitos os que acabamos fazendo realidade o milagre do Colectivo Sacou.


A música de Fredi e os seus estivo nos nossos intres, n´A Caramuxa, nas nossas tertulias, festas (o aniversario de Iria Lago na sua casa), etc...

Os últimos actos onde estivemos xuntos forom a homenagem ao poeta Avilés em Compostela onde os "Sacousos boys & girl" acabarom fazendo umha fermosa verssom do tema "A do Candam" e no concerto expansivo de Nunca Mais em Noia.

Hoje atopei, por casualidade, a web do 7 LVVAS e quero compartila com todos vós. Dicirvos que a través dela podedes descargar os 3 discos da banda e 4 videoclips. Para mim foi todo um motivo de ledicia.


Manuel Lôpez Rodrígues


(Página web dos 7 LVVAS, (picar))

Tuesday, February 19, 2008

Balance do Ano Avilés

O 15 de novembro de 2003 saía na prensa unha nova sobre as cuartas Xornadas de Defensa dá Cultura Galega organizadas polo colectivo Sacou. Na noticia tratase dun debate entre Xabier Castro, Ávarez Cáccamo, Aurora Marco e Pepe Agrelo, coordinado por Ramón Blanco sobre o Ano Avilés (picar para lér)

Sunday, February 17, 2008

Ferve a Rede


No portal galego Vieiros tiveron a idea de convocar un certame de relatos eróticos. Eis o resultado.

Friday, February 15, 2008

Estibaliz Espinosa


A través da web da Regueifa Plataforma achegamos novos textos de Estibaliz Espinosa, colaboradora e amiga da revista "A caramuxa" e do Colectivo Sacou.

ZOOMMM, textos biónicos é como se titula esta obra da poeta que se distribue libremente a través dunha licencia de
Creative Commons


Algúns poemas podemolos escoitar recitados pola propia autora. Aquí vos ofrecemos un deles. Que disfrutedes:


Cryohibernación (picar)

Antón Avilés de Taramancos

Hemeroteca



O día 1 de Outubro de 2004 saía na prensa o acto de presentación na Casa da Cultura de Noia dunha publicación editada polo Consello dá Xuventude de Galicia e coordinada por Aurora Marco, onde se retrataba ao Poeta Avilés desde a amizade e cunha visión intima e persoal. O Colectivo Sacou colaborou cun texto que, días mais tarde, remataría por convertirse en polémico.


Na fotografía aparece no lado dereito Iria Lago, sentada na mesa dos convidados

Eis a Noticia (picar)

Thursday, February 14, 2008

Certame de contos de aventuras

O departamento de Cultura do Concello de Noia e a revista «Casa dá Gramática» convocan o "Certame de contos de aventuras 2008". As persoas interesadas en concorrer ao certame poderán facer chegar os seus traballos ás oficinas do concello ata o 4 de abril e o fallo será dado o 9 de Maio nun acto público

Ao igual que en edicións anteriores, os organizadores estableceron un único premio. Este obsequio consiste en 3.000 euros en metálico, xunto cunha escultura deseñada polo artista local Alfonso Costa e máis a publicación dá obra gañadora por parte do Concello noiés.

Para participar nesta iniciativa, só fai falta presentar un traballo inédito, dunha extensión de entre 70.000 e 100.000 carácteres, escrito en lingua galega e encadrado no xénero denominado relato de aventuras.

Para bases e mais información contactar con:

-Concello de Noia, Praza do Concello s/n 15200 Noia (A Coruña)
-Instituto Virxe do Mar, Alameda, 15200 Noia (A Coruña)

Wednesday, February 13, 2008

Xornadas defensa Cultura Galega II


O 30 de outubro do 2003 o xornal "La voz de Galicia" amosaba entre as súas páxinas unha nova referente às "IV xornadas de defensa da Cultura galega" que mais unha vez o Colectivo Sacou celebraba na vila de Noia. Eis a noticia: picar


Tuesday, June 26, 2007

Xornadas Defensa Cultura Galega

A segunda sesión das Xornadas de Defensa da Cultura Galega contou no ano 2003, en Noia con dous invitados de excepción, Xesús Ferro Ruibal e Xosé Chao Rego, ós que lle tocou falar do vencello do idioma galego coa Igrexa. Ámbolos dous amosáronse moi críticos ó analizar o panorama actual, pero foi sobre todo Chao Rego o que transmitiu ó público un maior escepticismo.O moderador foi un dos membros de Sacou, Manuel del Río. (Picar para lér mais)

Thursday, June 21, 2007

Tempos pasados


O Colectivo Literario Sacou colaborou em mais de umha ocassom cos membros da Associaçom Cultural Éteatro, grupos que em muitos dos cassos compartiam parte dos adscritos. Na nova que segue, picando abaixo, relata a homenagem a Antón Avilés, no Instituto Virgem do Mar de Noia, com um espectáculo no que dramatizarom mais de vinte poemas, discursos e manifestos.

Na fotografía da noticia dada pola prensa podese ver (de esquerda a dereita) a Manuel Lôpez Rodrígues (C. Sacou e Éteatro), Dani Brión (Éteatro), Jose Manuel Sóñora (Éteatro) e Ramón Blanco (C. Sacou).

Picar cá para lêr mais

Friday, June 15, 2007

Feira do Libro

Neira Vilas lerá o pregón da terceira Feira do Libro de Noia



A saída da terceira Feira do Libro de Noia producirase o xoves da vindeira semana. Esta nova edición durará catro días e contará para a lectura do pregón cun personaxe de excepción no mundo da cultura galega, o escritor Xosé Neira Vilas.

Do mesmo xeito que no 2006, as casetas das editoriais e librerías participantes instalaranse no paseo da alameda. Polas mañás, os expositores estarán a disposición do público desde as 11.00 ata as 14.00 horas; mentres que na franxa vespertina, permanecerán operativos desde as 18.00 ata as 22.00 horas.

O noiés Agustín Agra asinará, ás 19.30 horas, exemplares da súa obra Ou tesouro dá lagoa de Reid'Is . Media hora máis tarde, terá lugar a presentación do volume A guerra na Galicia do Antigo Réxime , escrito por José Martínez Crespo e editado por Toxosoutos.

O Colectivo Sacou congratulase de que este tipo de eventos se estabelezan dun xeito definitivo na sona localidade.

Thursday, June 14, 2007

Certame literario Colectivo Sacou

Varios certames literarios convocou Sacou durante a sua existéncia. O mais exitoso foi o primeiro Certame de Poesía San Valentín; com mais de quarenta participantes. Durante o falho e entrega de premios na Tasca Típica, varios membros do nosso colectivo como Manolo do Río, Oscar Sendón Ramón Blanco, Manuel Lôpez Rodrígues, Nacho Suarez (flor de toxo), ou Iria Lago; recitarom poemas e felicitarom aos ganhadores.

Esta é a nova que saíu na prensa Outra nova

Monday, June 11, 2007

Oriana Mendez


Irrompen na poesía galega do século XXI as "Derradeiras conversas co capitán Kraft", de Oriana Méndez (Vigo, 1984).

De sorprendente madureza, esta obra aborda o texto poético como ferramenta de demolición da usura, como conflicto sen resolver, como sinal de posta en marcha. Valéndose da ironía contra os fósiles líricos do noso tempo, a autora disecciona a experiencia da posmodernidade, abre túneles na metrópoli continua que habitamos.
Oriana Méndez tensa o verso, e confronta o seu sentido da beleza, profundo e inquisitivo, coa esixencia de franquear os pasos para a movilización.

Parabéns de todos os membros do Colectivo Sacou a Oriana; colaboradora do noso Grupo literario, participadora en diversos actos do mesmo e na revista-voceiro "A Caramuxa"

[Edita: GALAXIA]

Friday, June 08, 2007

Poesía

Hoxe é día de banquete e celebración. Xa teño nas miñas mans un exemplar de 'Orfeu en soños' -e así se chama o primeiro libro de poesía publicado por Ramón Blanco, cifra de letras nas que se esconde o home de ben, xenial poeta, o amigo xeneroso.

Marcará esta saída, anunciada con sopros de tuba de prata, o nacemento dunha estrela na constelación de novos e bos autores dos que tan necesitadas andan as nosas letras.

"E o terceiro Anxo tocou a trompeta, e unha enorme estrela, brillante como un facho, caeu do ceo sobor da terza parte dos ríos e das fontes de auga - o nome da estrela é Absinto. Un terzo das augas tornáronse amargas, e moita xente morreu das augas que se tornaran amargas".

É este libro complexo artefauto de verbas e Absinto, pois alimenta dos que beben nel e só cataliza o veleno naqueles que xa están estragados por dentro, "e son consumidos polo lume".

Baleiro a copa de cristal para un novo brinde; o licor verde esmeralda danza nas gorxas -a fada verde- e alédame ofrendarvos unha mostra -o primeiro poema- deste noso "miglior fabbro", o mellor escritor do Colectivo Sacou.





IN GIRUM IMUS NOCTE ET CONSUMIMUR IGNI


(Salutación de Guy Debord aos espectadores e ao Conde d Paço Tristão)

Cinza sombra deste incendio
que se estende
máis alá
das marxes do (h)orto,
lonxe do martirio da sintaxe
e do fogo que arde sen se ver e que alí afina
a ígnea corrupción do centro de madeira
do violín tatuado,
tocando a pel ardente
papel queimado.
Pode que os mortos aínda respiren
nestes versos igual que os vosos ollos
escoitaban na película a noite
americana ou o testamento de Orfeu,
fumando no leito baldío
despois de escribir Sonata de inferno cos ollos irritados cubertos
polo fume, ascendendo despois cara ao teito,
na lámpada a vista baila
atrapada no círculo do desexo
O danse mon papillon noir!
Aínda que tarden en arder as follas murchas unha tarde
han entrar xirando polas xanelas abertas
nas almas de mil douscentos e pico
perdemos o sen,
buscades asento na escuridade,
cando xa comezou o espectáculo
e imos en círculo na noite e somos consumidos polo lume.



(artigo de Manolo Do Río extraído de Trasalba.com)

Tuesday, June 05, 2007

Frei Sarmiento (Letras 2002)


Com o galho da celebraçom do dia das letras galegas, o Colectivo Literario Sacou, dentro da sua acostumada inquietude cultural, homenageou pola sua conta a Frei Martín Sarmiento repartindo na rua uns dípticos sobre a sua vida e obra. A notícia que saíu na prensa podede-la lêr picando

Tuesday, May 29, 2007

Poema de Ramón Blanco

Tamén dorme a miña mocedade
a carón das tápias dos cemiterios
e das estradas de sangue
estradas.
Anos despois diravos alguen que viu
as mellores mentes da sua xeración destruídas pola loucura
pero é un conto
a carón da pirámide de Tezcoco
baixo a lúa ensanguentada de 1936
para maior gloria da súa raza
cantaba o poeta Nezahualcoyotl, rei
Non é aquí a nosa casa,
non viviremos aquí,
ti de igual xeito terás que partir.
Era Tenochtitlán a cidade fundida
no centro da lagoa
cerebral,
porque ninguén recordaba
México lindo (pan
ou pólvora en primavera),
arrincado o corazón
camparon as hordas
na callentura

Wednesday, May 23, 2007

Estatísticas web

Agora podes consultar o número de visitantes que esta web tem diaria, mensual e anualmente picando cá

Tuesday, May 15, 2007

17 de Maio




Picar nas imagens

Web sobre María Mariño


DÍA DáS LETRAS GALEGAS

A obra literaria e a traxectoria vital de María Mariño, homenaxeada este ano no Día dás Letras Galegas, poden consultarse a través de Internet na páxina web www.17demaio.org. Con esta iniciativa, a Consellería de Cultura pretende dar a coñecer a achega desta escritora á literatura galega, así como ofrecer información xeral sobre esta festa literaria.


A páxina recolle a obra literaria da poetisa noiesa a través de "Palabra no tempo" e "Verba que comeza" e inclúe a difusión da súa figura e da súa obra a través do formato papel e navegando pola Rede.

Thursday, May 10, 2007

Hemeroteca


Um dos actos mais importantes e emblemáticos que tivemos como colectivo foi a traída de Xosé Luís Mendez Ferrín a Noia.
m
Com um Salom de Plenos completamente ateigado o escritor expuso as suas opinións sobre diversos temas relacionados com o "compromiso político nos anos 50"

Como anécdotas: Nacho Suarez (a jeito de expontaneo) perguntando a Ferrín pola sua estáncia na cadeia, Oscar Sendón "paseando" com a bandeira Espanhola na percura dum sitio onde deposita-la sem que se puidesse ver, Manuel Lôpez Rodrígues e Ramón Blanco nerviosísimos, o cartaz anunciando o acto (incrivelmente) escrito em galego reintegrado, etc, etc...

Podedes olhar a nova que saíu ao dia seguinte em "La voz de Galicia" (picar cá)

Wednesday, May 09, 2007

III Certame literario Concelho de Ames


Está já na rua o livro que recolhe os ganhadores em todas as categorías do III Certame Literario Concelho de Ames. Entre os galardoados atópam-se Pablo Valledor García, Alba Diaz Vahamonde, Rafael Costas Costas, Cristina Ferreiro Real ou Ramón Blanco Fernandez (membro do Colectivo Literario Sacou).

O livro começa com um limiar a cargo de X.M Fernandez López, Concelheiro de Cultura e Deportes.

Parabéns a todos os ganhadores, e moi em especial ao nosso companheiro Ramón.

Wednesday, May 02, 2007

Colección Bourel

Antonio Piñeiro presentou en Huelva a colección Bourel


Aos asistentes sorprendeulles a filosofía do libro «37 poemas por man propia» onde Ramón Blanco e Manuel Lôpez Rodrígues do Colectivo Sacou colaboraron con sendos poemas.

Nas súas trece edicións anteriores, Galicia non participara en Edita, ou Encontro Internacional de Edición Independente de Punta Umbría (Huelva). Desta volta, foi o editor e escritor ribeirense Antonio Piñeiro quen, coa súa colección Bourel, se converteu no primeiro galego en acudir a esta cita literaria, xunto coa revista viguesa de poesía Formas difusas, ademais doutras 115 editoriais de México, Cuba, Brasil, Chile, Portugal e España.

(picar para lér mais)

Wednesday, April 18, 2007

Ramón Blanco

Unha edición especial do Liceo de Noia evoca a figura de María Mariño

Emma Pedreira, Antonio Piñeiro, Beatriz Quintela, María do Cebreiro, Maxi Olariaga, Eva Veiga, Ramón Blanco do Colectivo Literario Sacou , Xabier A. Olariaga, Yolanda Castaño e Rosa Enríquez son os compositores de dez poemas dedicados á protagonista das Letras Galegas deste ano. á súa vez, o artista Alfonso Costa ilustra as portadas da publicación.

(picar para lér mais)

Sunday, April 15, 2007

«Non existe política cultural na vila de Noia»

Iria Lago opina:

No 1999, botou a andar en Noia un colectivo cultural, Sacou, do que Iria Lago é presidenta, aínda que a asociación atravesa agora horas baixas, á espera dun relevo xeracional.

-Aínda que pareza un tanto mercantilista, son partidaria de promover actividades como os premios literarios, nos que unha persoa poida ver un beneficio directo do feito de ler. Precísanse máis bibliotecas públicas porque as que hai non están ben xestionadas e coidar máis o formato estético, porque é algo moi importante para un rapaz.

-Nós herdamos unha situación privilexiada, pero queda moitísimo por facer e terán que pasar varias xeracións para que o vexamos. Con leis non se vai arranxar porque é un problema de formación e cultural.

-Nalgúns sitios de Barbanza, lévanse a cabo cousas interesantes, pero Noia está estática, non existe unha política cultural na vila.

Tuesday, April 10, 2007

Reaparece a presidenta de Sacou


Iria Lago sustitue ao finado Agrelo Hermo como presidenta da editorial Toxosoutos

Aurora Marco aproveitou a apresentaçom do livro de Maxi Olariaga para anunciar que Iria Lago asumeu as rendas da direcçom literaria de Toxosoutos, em sustituiçom de Xosé Agrelo Hermo.

Asemade, comunicou aos assistentes ao acto que a editorial propriedade de Manolo González decidiu constituir um conselho assessor. Dito órgano estará integrado por Carlos Barros, à frente da secçom de historia; Pedro García Vidal, para geografía; Clodio González, em etnografía; Paulo Nogueira, que se ocupará da adaptaçom e traducçom de textos escritos em linguas extrangeiras; e Aurora Marco, responsavel de criaçóm. Esta última elogiou a trajectoria de Iria Lago e fixo um repasso das suas aportaçons ao mundo da cultura, méritos entre os que mencionou o de ter sido umha das membras e presidentas do Colectivo Literario Sacou. «É a pessoa axeitada para continuar o labor iniciado por Agrelo», asegurou.

Thursday, March 22, 2007

Día de loito

Centos de persoas deron o seu último adeus a Prudencio Romo

Hoxe cúmprese o terceiro día de loito oficial en Noia por mor da morte do seu fillo predilecto Prudencio Romo.

O compositor e fundador dos Tamara recibiu onte sepultura no cemiterio de Santa María A Nova, arroupado por centos de familiares, amigos e veciños da comarca e doutras localidades galegas. O funeral na súa memoria levou a cabo na igrexa de San Martiño ás cinco e media da tarde. A cerimonia litúrxica estivo presidida por Manuel López Castro.

O templo situado na praza do Tapal garda no seu interior un valioso órgano, que foi restaurado durante a etapa de Antón Avilés de Taramancos como concelleiro de Cultura; instrumento que infinidade de veces fixo soar o malogrado músico ao que o Concello de Noia nomeou fillo predilecto en decembro de 1996.

Os integrantes da banda municipal de Lousame, á que Prudencio Romo dirixiu desde a súa fundación ata decembro pasado, tocaron varias composicións en recordo do seu mestre, á saída do tanatorio e á entrada á necrópole de Santa María A Nova.

Tuesday, January 09, 2007

Prensa atrassada

Recuperamos, dentro da nossa secçom de efemérides um artigo onde se cita a Iria Lago; presidenta do nosso grupo literario. (picar cá)


"O derradeiro fim de semana do mês de Fevereiro volvemos visitar Noia. De novo, máis dum cento de pessoas acolherom a apresentaçom da Voz de Barbantia, neste caso no seu segundo número. Nel, Ana Romaní era obxecto da entrevista da portada a cargo agora de Iria Lago García, presidenta do "Colectivo Sacou", (...)"

Wednesday, January 03, 2007

Os compromisos

Tempo atrás o Colectivo Sacou enviou este comunicado à prensa. Messes depois confirmou-se a victoria sobre os defensores de certas opçons. Hoje quizaves deberíamos comprometermonos com esta outra causa, pois os mesmos que antes (uns e outros) estiveram protestando contra a barbarie em Noia, agora tenhem como pretensións esquencer os tempos de oposiçom e retomar o projecto de Noia no Concelho de Outes.

Tuesday, January 02, 2007

Xosé Manuel Sóñora

Conhecido por ter escrito um poema, polo seu exquisito "bom saber" em diversos debates do seo de "Sacou" e pola sua pertenza ao grupo (já defunto) teatral "ÉTEATRO"... apresentamos hoje no blog a entrevista que a periodista do ABC,Pilar Fustes, lhe fixo a um dos achegados do nosso Colectivo Literario.


PICAR AQUÍ

Thursday, December 21, 2006

Agustín Agra

Agustín Agra (Noia, 1966) gañou o premio Merlín 2006, que convoca a editorial Xerais, co seu primeiro libro, O tesouro da lagoa de Reid’Is.Unha narración que homenaxea a literatura oral e que tivo unha curiosa xestación. Un escritor que recoñece que chegou ás letras de xeito casual mais que conserva ideas moi claras sobre a literatura.


Colgamos aquí parte da entrevista para o periódico "A nosa terra", que (por certo) no seu formato electrónico está incompleta. Congratulámonos de que as letras na localidade de Noia nom deixem de parir novas obras, éxitos e escritores.


Que pasa en Noia que hai tantos escritores. Deixou unha semente especial Avilés de Taramancos?


Con certeza non o sei, pero o curioso de Noia é que é unha vila especial en moitos aspectos. Eu penso que temos un carácter un pouco competitivo e que uns tiran polos outros. Xerardo AgraFoxo sempre di que el non escribiría de non telo feito Antón Riveiro Coello, e eu dígolle que eu nunca tería escrito de non telo feito el. E esa cadea é unha motivación poderosa. Temos unha animación cultural moi destacada, con revistas ou un movemento literario moi interesante, o Colectivo Sacou, sen que o Concello gaste un peso nese tema. Pero é que, sen termos apenas infraestructuras deportivas, en Noia hai 48 veciños que correron unha maratón enteira, músicos a esgalla, o 30 por cento dos triatletas galegos de elite. É un misterio e até daría para unha boa reportaxe.

Wednesday, December 20, 2006

María Mariño

Precedidos dun estudo biobibliográfico de Victoria Sanjurjo Fernández, este libro recolle Palabra no tempo e Verba comeza, os dous títulos que conforman a obra poética de María Mariño, a poeta que será homenaxeada o 17 de maio, no Día das Letras Galegas 2007. Cualificada como "dinamiteira da fala", a poética de María Mariño está presidida por un intimismo radical, onde o desacougo xorde da propia conciencia da morte.


María Mariño naceu en Noia o 8 de xuño de 1907, no seo dunha familia de condición social moi humilde, e morreu en Parada do Courel en 1967, lugar onde residiu unha boa parte da súa vida. Poeta de formación autodidacta, mantivo unha vida á marxe dos ambientes culturais da súa época, o que en ocasións provocou que circulasen algunhas falsidades sobre a súa vida e obra e que a súa figura se mitificase. En vida só publicou o libro Palabra no tempo (Editorial Celta, Lugo, 1963). O seu segundo libro, Verba que comeza, no que traballou durante os derradeiros anos da súa vida, cando estaba xa doente, non foi publicado até 1992, a cargo do concello de Noia e promovido polos seus amigos Uxío Novoneyra e Avilés de Taramancos.

María Mariño foi unha das máis singulares e persoais voces de toda a poesía galega de posguerra. Resulta especialmente sorprendente pola destrución que realiza da linguaxe, sobre todo no plano da sintaxe, a fin de lograr a máxima forza expresiva para a comunicación das súas vivencias máis íntimas, feito que levou a Uxío Novoneyra a cualificala como "dinamiteira da fala". A súa orixinalísima poética está presidida por un intimismo radical, onde o desacougo xorde da propia conciencia da morte; os seus versos énchense, daquela dunha abraiante beleza interior: sombriza e preñada de tristura, que se combina cunha percepción especial da paisaxe como vivencia profundamente íntima. Estamos ante unha poeta radical e decididamente singular.Xerais, editora que posúe os dereitos en exclusiva da obra de María Mariño, publicará nos vindeiros meses dúas achegas biográficas e literarias sobre a autora das Letras Galegas 2007: María Mariño. Vida e obra da profesora Carme Blanco e A vida secreta de María Mariño de Fran Alonso.

Friday, December 15, 2006

Literatura e cidade

O nosso companheiro do Colectico Sacou, Manolo do Río diserta estes dias por terras alemanas com o galho dum congresso sobre Literatura e Cidade do que está sendo conferenciante.
.
O ponente fala "neste artigo" e no seu blog sobre as eventualidades da viagem e congresso.

Wednesday, December 13, 2006

A Caramuxa remota



Exponhemos aquí a portada d´A Caramuxa do Dinosaurio. Picando na imagem podedes olhar o que guarda no interior.
..hlh


Thursday, November 30, 2006

Datos

www.sacou.blogspot.com fai exactamente dous messes de andaina pola rede.

Como decote, oferecemos aquí as estatísticas de visitas deste blog e as suas comparativas.

Neste último mês a web do Colectivo Sacou superou com creces o dobre de visitas do mês anterior (outubro). Fronte ás 453 visitas feitas por 224 IPs diferentes, pasamos a 1053 visitas desde 480 IPs diferentes.

Parabéns a todos e todas as membras de Sacou e quenes acudides a cotío a esta nossa (vossa) casa.

Os datos completos podéde-los consultar

Wednesday, November 29, 2006

Literatura

Cinco libros inéditos de Xosé Agrelo verán a luz moi pronto



Nunha das obras fai un percorrido pola historia de todos os papas que pasaron polo Vaticano. Outro traballo é un poemario para nenos, dedicado a María Mariño, que terá ilustracións de Alfonso Costa.


.

Proba de que o finado Xosé Agrelo Hermo estaba sempre a traballar en varias frontes literarias ao mesmo tempo é a herdanza que deixa pendente de publicar.

A editorial Toxosoutos ten previsto sacar á rúa cinco obras inéditas do que fora o seu director. Os traballos pertencen a xéneros tan diferentes como o ensaio, a poesía, a novela e o relato.
O dono de Toxosoutos, Manolo González Millares, conta que Agrelo Hermo tiña xa no prelo, pendente da última corrección, un libro no que fai un percorrido pola historia de todos os papas que dirixiron a Igrexa católica. Sen embargo, o título está aínda pendente de concretar. Os que se barallan son De Simón a Ratzinger ou De Pedro a Ratzinger .
O máis probable é que este traballo, do que se tirarán dous mil exemplares en lingua galega, vexa a luz en decembro. O volume inclúe debuxos e fotos de todos os papas, dos que o autor fixo unha pequena síntese dos seus mandatos.O seguinte libro póstumo que verá a luz será Cantiga da costureira poeta , dedicado a María Mariño, protagonista das Letras Galegas do 2007. «Son uns versos para nenos que ocupan 32 páxinas.
Faltan as ilustracións, que as vai facer Alfonso Costa e que pretendemos que recollan espazos de Noia relacionados coa vida de María Mariño», comentou o xerente de Toxosoutos.

Con estes debuxos, a editorial está interesada en que se faga unha exposición itinerante por toda Galicia. Ademais, teñen pensado falar coa Consellería de Cultura para ver se se fai un reparto deste exemplar nos centros educativos. Outro dos traballos que o prolífico Xosé Agrelo deixou rematado pero editar é o titulado Catastro de Ensenada. Boiro e a súa xurisdición . Recolle datos do século XVIII.

Tuesday, November 28, 2006

Cinema

Começa a mostra de curtametragens Vila de Noia

Faltam poucos dias para que outra ediçom da mostra de curtas de Noia bote a andar. Um projecto que começou fai já algúns anos co ánimo, empenho e constáncia dos membros da "Asociación audiovisual Punto de Xiro".

Nesta ocassom o Colectivo Sacou (como grupo) nom estará presente em dita mostra (supom-se que por falta de tempo à hora de apresentar os trabalhos). Seja como for, temos constáncia de que algúm que outro membro ou ex-membro do nosso grupo artístico estará ao outro lado da pantalha fazendo de actor numha curta titulada: "Sem Chumbo".

Da obra que Oscar Sendón e Dani Brión estavam a preparar, pouco se sabe, aínda que é de suponher que neste mesmo intre se atopam envoltos em cintas de video e cargados com atrezzo.

Mais informaçom picando

Saturday, November 25, 2006

Efemérides


Inauguramos cá um novo apartado dentro do Blog do Colectivo Sacou.

De quando em vez iremos colgando diversas novas que forom saíndo ao longo destes 8 anos de existência do nosso grupo literario. Neste caso, a noticia que prosegue, é do ano 2003 e fai referência a um acto com Roberto Abuín, Ramón Pinheiro e Luís Avilés, com o galho das "IV Jornadas de defessa da Cultura Galega"



"Un foro reivindica en Noia o potencial da cultura" (picar)"

Thursday, November 23, 2006

Enterro de Xosé Agrelo

Centos de persoas despediron en Noia ao escritor e profesor Xosé Agrelo Hermo
.
.
(Firma: A.Lema Lugar: corresponsal noia)

O director da editorial Toxosoutos e escritor, Xosé Agrelo Hermo, recibiu onte pola tarde sepultura no cemiterio de Santa Cristina de Barro. Centos de persoas arrouparon á familia do profesor noiés durante a celebración dos actos relixiosos que se organizaron na súa honra. A igrexa de San Martiño encheuse de xente durante o funeral, que oficiaron nove sacerdotes, e moitos asistentes tiveron que quedarse fóra do templo por falta de espazo.
Amigos, familiares, antigos compañeiros cos que Agrelo Hermo compartiu experiencias no mundo da docencia, o teatro, a literatura, a política e outros eidos; e moitas outras persoas non quixeron faltar aos actos de despedida.
A bandeira nacionalista cubriu o cadaleito do malogrado director, autor e intérprete de teatro. Unha ampla representación do nacionalismo estivo presente no último adeus.Entre os responsables políticos que participaron nos oficios relixiosos, se atopaban os alcaldes de Noia, Lousame, Boiro e Carnota; o director xeral de Creación e Difusión Cultural, Xosé Luís Bará; e o parlamentario Xaquín Fernández Leiceaga. Escritores como Euloxio Ruibal, Bieito Iglesias, Aurora Marco e Manuel Caamaño; os actores Xosé Manuel Olveira e Miguel de Lira; editores, catedráticos e outros persoeiros tamén asistiron ao enterro.
A Mesa pola Normalización Lingüística fixo público onte un comunicado para sumarse ao loito pola morte do que foi un dos seus fundadores.

Tuesday, November 21, 2006

Pepe Agrelo no recordo



A noite do 20 para o 21 do mês de novembro finava o creador noiés Xosé Agrelo.

Director da editorial Toxosoutos, dramaturgo, director de teatro, escritor (ganhador dumha das últimas ediçons do Certame de Relato de Aventuras "Antón Avilés de Taramancos), e dinamizador cultural, a vida de Pepe, pasou entre aqueles que estiverom firmemente comprometidos com a cultura galega, e aqueles outros que, com mais ganhas que posibilidades, andiverom sempre aportando o seu granzinho de areia para que Noia nom queda-se orfa de letras e arte.

Desde o Colectivo Sacou nom podemos fazer menos, que guardar a Pepe no maxín, dándolhe os nossos pésames e mostras de apoio à súa familia e amigos.

Monday, November 20, 2006

María do Cebreiro

Os hemisferios


Escrito para que as persoas entren nos poemas, Os hemisferios concibiuse para entender, por iso tamén é unha pregunta.Árbores e planetas, terra e ceo, lúa e sol crean o acubillo no que se gorecen as voces. A palabra, a fala e os falares relacionan directamente a poesía co que está fóra dela. O interior é exterior, e viceversa: a aparencia é a realidade.Estes poemas, coma o xeo, amosan e ao mesmo tempo velan. A poesía raña a superficie da linguaxe, deixa marcas, pegadas do seu paso. Con sutil delicadeza, María do Cebreiro (Compostela, 1976) rexístraas e avisa da súa presenza.

María do Cebreiro foi colaboradora do Colectivo Sacou, aportando textos à revista A Caramuxa, e facento de ponente nalgunha palestra organizada polo grupo literario de Noia. Desde Sacou celebramos a saída do novo libro de María.

Thursday, November 16, 2006

Exposiçom da coleiçom Bourel

A coleiçom Bourel de livros elaborados e ilustrados a mao expom-se em Fisterra
.
.
A coleiçom Bourel de livros elaborados e ilustrados a mao atópa-se exposta n´A Galería de Fisterra, onde se poderá olhar até o dia 26 de novembro. A exposiçom inclue ejemplares como o poemario manuscrito por trinta e sete poetas galegos entre os que se atopam Manuel Lôpez Rodrígues e Ramón Blanco (ambos do Colectivo Sacou), ademais do seu título mais recente, o volume de relatos "Pequeno", de Antonio Piñeiro. Complementa-se ademais com distintas peças acumuladas durante a sua producçom. A coleiçom tem publicados até o momento quatro títulos, desde s sua apariçom em 2004 e sábe-se que estam no prelo outros quatro .

Pode-se acceder a um texto sobre a exposiçom na web do poeta Modesto Fraga

Monday, November 13, 2006

Aproximaçom didáctica a Francisco Añón

Esta iniciación ao autor de Outes xorde da necesidade de achegarmos aos nosos escritores case transversalmente a todos os contidos educativos. Nace desa inquedanza polo coñecemento dos que son a esencia dos lugares, aqueles que lle dan nome ás nosas rúas e prazas ou dos que imos recoñecendo pegadas e restos. O obxectivo é levar a Añón ás aulas, aproximarse a esa literatura máis familiar, recoñecer as personalidades ilustres que temos preto e porqué, pero tamén ese ensino disperso que constitúe a cultura, e por iso fíxose fincapé no paso entre o mundo do coñecemento regrado e aqueloutro non pautado. Só así enténdese que os nosos maiores teñan memorizados os poemas de Añón, porque pensamos que a cultura non é algo alleo nin elitista senón aquilo que nos trascende a todos.

Meses atrás Pilar Sampedro, Santiago Nieto e Ramón Blanco do Colectivo Sacou, sacaro á luz un libro sobre a obra do poeta outense Francisco Añón. Hoxe poñemos a disposición dos leitores habituais desta bitácora, un texto saído na prensa no seu momento sobre a obra didáctica que tratamos.

Para lêr a resenha, picar aquí

Wednesday, November 08, 2006

Estatística

"sacou.blogspot.com" acada as suas 1000 primeiras visitas"

O blog do Colectivo Sacou está sendo visitado diariamente por umha media de 25 visitantes, dos quais, o 90 por cento provenhem de dentro do estado espanhol. Estas primeiras 1000 visitas forom feitas durante o mês de meio desque se puxo em marcha esta web. Se analisamos a estatística meia das visitas em blogs, chegamos a conclussom de que "sacou.blogspot.com" ácha-se na meia normal.

Aguardamos que ditas visitas aumentem nos vindeiros messes, ao mesmo tempo que a participaçom de ditos visitantes.


Tuesday, November 07, 2006

Mentres Camus choromicava

Que o texto se instale no intersticio. Onde todo abanea e o invassor tem de se achegar às paredes para que a ira do invadido nom o colha. Velaquí o espaço de Tanxerina, primeiro livro de poemas de Mario Regueira (Ferrol, Galicia, 1979): as mulheres disfarzadas atravessam o posto de vigiancia do ocupante e fornecem á Kasbah de explosivos.


No olho do furacam, umha historia de afinidades. Rick, proprietario do Rick’s Café -que da nome á secçom central de Tanxerina-, a Ilsa, em Casablanca: “O mundo derruba-se e nos ficamos namorados”. O livro de Mario Regueira, que no 2004 publicou o volumen de relatos Rebelión no inverno, tem a decência de contribuir á recuperaçom de territorios abandonados. Tanxerina sitúa-se no lugar no que umha contradicçom rebenta mais isso já nom é frecuente na poesía galega.

Cá desatam-se nós. Nom há adjectivo que serva, trata-se da liberaçom nacional. Aa velocidade mediática falou de “poesía poscolonial” em Tanxerina. Para o autor, em qualquer dos casos, “algún ¨día, toda poesía será poscolonial na Galiza”. Na espera, di umha linha: “Non lle contarei á túa ausencia as xestas númidas ou como / ensartaron o teu pai nunha baioneta mentres Camus choromicaba”

(Recensom que Daniel Salgado publicou no jornal Diagonal (nº40, 26 outubro-8 novembro, 2006).


MARIO REGUEIRA (Ferrol, 1979) é estudante de Dereito e Filología em Compostela. Tem colaborado em diversas revistas como "A caramuxa" do Colectivo Sacou ou "Dorna". No 2004 publicou-se o seu livro de relatos "Rebelión no inverno". Este é o seu primeiro poemario editado.


Friday, November 03, 2006

Iria Lago

Pero que sempre suxo as botas no cemiterio para nunca atopar a propiedade trinta. Para despois tardar unha hora trabando a cidade e ter de esperar dez minutos polo transporte.

Chegamos a casa no trescentos sesenta cunha vontade inmensa de fumar, a tua mae xa fora embora e saíches correndo cara a Clínica e beixáchesme un pouquiño antes mentres procuraba os cigarros no saco.

ATENDÍ como se fechaba o portal e pensei que suarías moito polo baixo das costas. Pensei tanto que mollei os teus pantalóns e sóubente incomodado cando limparas.

Apoiada na varanda deixo caír a cinza, algunha folerpa pousa no casaco identidade que eu perdo nos pés de guerrilleira morta no monte. Vai frío, aspiro humedecendo as luvas de coiro e decido lembrar o último mercado de ostras bretoas. A textura desagrádame, tés unha veciña alcólica que se baba no ascensor e non é capaz de abrir a porta. Pregúntome se viría da Indochina cun amante moito maior que tén un coche cós vidros tintados. ¿Quero axudala? E quero gardar os ollos de peixe. Allez!! Collo a man e morro, son un cantante famoso con sobredose, son unha lápida imposible de encontrar.

Monday, October 30, 2006

Audiovisual

Em marcha no seo do Colectivo Sacou, o projecto dumha curtametragem.
.

Despois de varios trabalhos, de curtas como "Non sei", participaçom em diversas obras de teatro, etc, etc... Oscar Sendón em colaboraçom com Dani Brión (éteatro, paradiso...), prepara umha nova proposta cinematográfica.

Quase finalizado o guiom, estudo fotográfico, e escolhido o elenco... as cámaras estám a piques de sair à rua. Cabe a posibilidade de que a futura obra seja apresentada a concurso na vindeira "Exposiçom de curtametragens de Noia"

Sobre a realizaçom deste trabalho informaremos a cotío segundo vaia progressando.

Tuesday, October 24, 2006

Elvira Riveiro






"Sendo nova e nom entrando no mundinho cultural literário, na fogueira das vaidades, é muito difícil publicar. Homem, as revistas literárias, Dorna, A Caramuxa do Colectivo Sacou, etc... também som umha plataforma para dar-se a conhecer."
.
.
.
.
Extraemos do Portal Galego da Lingua a entrevista realizada à (no seu momento) colaboradora da revista de Sacou, Elvira Riveiro.
.
Para acceder ao conteudo da mesma picar aquí.

Sacou em boca de todos

Na entrevista que fai uns messes, o portal Vieiros realizou a Luís Teira, com o galho do nascemento da "Asociación Altofalante" de Riveira, este nomeou ao Colectivo Literario Sacou, como um dos grupos culturais mais dinámicos da comarca.

"No tocante á comarca eu vexo un panorama emerxente: pénsese en todo o que está significando de punto de encontro de creadores (...) o colectivo poético Sacou de Noia. (...) creo que o movemento asociativo debe expandirse e consolidarse no país, esto é algo que deben propiciar os poderes públicos e así o demandamos."

A entrevista enteira podede lê-la picando aquí

Wednesday, October 18, 2006

Voces na materia

Fazemos mençom ao livro "Voces na Materia" (1º volume da Coleiçom Biblioteca Barbantia, no que se recolhem os textos poéticos e pictóricos do I Encontro de Creadores do Barbanza, entre quenes estam Iria Lago e Ramón Blanco do Colectivo Sacou).

No caso de Ramón Blanco, este agasalhou-nos cum poema titulado "Concerto barroco" e que está extraído do seu livro "Orfeu en soños". O poema está acompanhado dumha "fotografía- montagem" de M. M. Reino.

Iria Lago ilustrou o seu texto cumha pintura de Mónica Rivas.

Monday, October 16, 2006

A poesía galega na fim de milenio

O Colectivo Literario Sacou foi nomeado no estudo que Teresa Seara realizou sobre a poesía galega nos anos 90 e principios do século XXI. Dito estudo, em formato PDF, e titulado "A poesía galega na fin de milenio" podéde-lo lêr picando no enlaço que aquí se adjunta.

Mario regueira

Mario Regueira (Ferrol, 1979). Diplomado en Dereito, estuda Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela e tamén Dereito na UNED. Publicou varios poemas nas revistas A Caramuxa (Colectivo Sacou-Noia) e Citania. "Rebelión no inverno" é o seu primeiro libro.



A partir do concepto de “Rebelión”, Mario Regueira preséntanos un libro de alento, ben pautado e reflexivo, que se vai construíndo a través destes relatos de aire enigmático, misterioso e, por veces, onírico. Os personaxes de "Rebelión no inverno" están en estado de rebelión, é dicir, na situación de dicir non a algo, e en ocasións ante a dúbida de dicir que non e seguir subsistindo. Eses personaxes, os subversivos, son portadores de historias de rebeldía que merecen ser contadas, historias que sempre nos provocan a fascinación dun acto transcendente, que sucede neste inverno, inhóspito e frío, metáfora do mundo actual e do seu sistema socioeconómico. As rebelións deste libro son múltiples: políticas, filiais, sociais… pero a máis destacable é, sen dúbida, a revolta contra a linguaxe como forma de comunicación. Os problemas da comunicación son tema recorrente en Rebelión no inverno, enfocado desde diferentes perspectivas. O noso tempo, deixounos pendurando sobre un mar de incertezas e dalgún xeito, estamos sós coa palabra. O feito de comunicarnos ten unha compoñente importante de ficción e falsidade. Rebelión en inverno presenta aqueles personaxes que, en actitude manifestamente subversiva, tratan de modificar a realidade para adaptala aos seus soños.

Sunday, October 15, 2006

Manuel Lôpez Rodrígues

O poema de Lôpez Rodrígues (Colectivo Sacou) que prosegue foi publicado na antología "por man propia", da "Colección Bourel"



................................................a nossa separaçom é aparente:
................................................som para sempre de ti inseparavel

..................................................................(Anna Ajmátova)




Baixara os escombros
turbamulta escoando o silêncio
aparente tremor e fugaz martirio
lugar amado
(sedimento).
Agora que aponteo incesante
vento que bates
a imagem divina daquela que chega a terra
e aterra neste porto
de vougo que é Siza.

achar morte na circunstancia
capitam varado
que apodrece deitado na praia
que aponteo.

Saturday, October 14, 2006

Boletín Galego de Literatura

A literatura Comparada hoxe


Com ó título de "A outra revolución (aproximacións á vangarda, o cine e o teatro soviéticos dos anos 20)", Manolo do Río, membro do Colectivo Sacou, foi publicado a jeito de separata no "Boletín Galego de Literatura" (nº 33).


Partindo da colaboraçom inicial entre a vangarda artística e a revoluçom de Outubro, o autor elabora umha genealogía destes vínculos. Problematízam-se as distintas conceiçons do artístico para a vangarda e o marxismo, e a asociaçom do radicalismo estético com fracçons do partido (Proletkult, Vpered). Nárram-se a continuaçom as experiências de festivais de massas e as propostas experimentais no teatro de Meierhold e Eisenstein, as suas fecundas interrelaçons com o medio cinematográfico. Também se esboza brevemente o nascemento do cine soviético, as suas relaçons com o teatro e a vangarda e os conflitos entre Eisenstein, a FEKS e Dziga Vertov. Para concluír, o autor propom umha serie de perguntas-reflexons sobre as relaçons arte-revoluçom e as antinomias que geram.

Tuesday, October 10, 2006

O buraco no cadaleito

Allariz mon amour.

Media ducia de rapaces ocupaban os asentos dianteiros dun bus case baleiro que roncaba ladeira arriba, camiño de Allariz; gambeteando nun mundo de aldeas, se dúas casas xuntas á beira da estrada é unha aldea, claro; e sumidos todos, na grandiosidade abrupta e o mareo contido. Ás costas un Ourense frío que de eles nada sabía.

O desembarco en Allariz pariu admiración e futuro nos rapaces; que mamaron as pedras unha por unha, para non perder a pequena historia que levaban labrada nas súas costas aqueles anacos do corazón do mundo.

Esa mesma noite esquecerían o xeo agochado no medio do lombo, o zume de pomelo no que tiveran somerxidos os ollos, a tarde de tódolos ontes esquecidos no que se concentra a derrota. Aquela era nunha aula de facultade baleira e en Ourense refrescaba.
Pero o mañá da derrota converteuse nun cálido recital poético no Roi Xordo, na noite que nos fixemos grandes por decreto e nunca nada foi igual.

Sacou viaxou polo país cun feixe de caramuxas baixo o brazo, alí onde os mapas perdidos do sentido marcaban, na procura do propio El Dorado, que era unha sala chea de xente á que falarlle.

Thursday, October 05, 2006

"A caramuxa" on line


Já está disponhível a revista "A Caramuxa" desde o número 8 até o número 12 em formato PDF. Para poder acceder ao conteudo da mesma compre entrar na ligaçom à página electrónica da editorial Toxosoutos (picar aquí)

Wednesday, October 04, 2006

Oscar Sendón

Verbas que matem o tempo



Falar do Colectivo Literario Sacou, é falar (em parte) de Oscar Sendón; esse rapaz que um dia se achegou pola Tasca Típica cum caderno baixo o braço. Um luitador das letras, das palavras e os sintagmas... "un fazedor de imagens cinematográficas" alguem dixit.

Oscar foi um dos componhentes mais activos do Colectivo; escritor, poeta, actor, e... incluso director dalgumha que outra curta.
Referir-se daquela ao cine ou ao teatro no eido cultural noies era falar de ÉTEATRO ou da "Asociación audiovisual Paradiso".

Recuperamos, para esta web, um texto do ano 1999, quando este grupo começava a agromar.




Tuesday, October 03, 2006

Iago Urgorri atopa ara romana

Um investigador atopa em Lousame umha ara galaicorromana de finais do seculo II
.
No transcurso dumhas jornadas sobre patrimonio que rematam de se clausurar no concelho de Lousame, o investigador e ocasionalmente colaborador da revista de Sacou; "A caramuxa", Iago Urgorri deu a conhecer o achadego dumha ara galaico-romana, adicada à deusa celta Navia, que cronológicamente é, segúndo o experto, de finais do século II depois de Cristo ou começos do siglo III.
A lousa, que é rectangular e mide 72 centímetros de alto por 30 de ancho, foi achada na casa reitoral de Sam Martinho, na parroquia lousamiana de Lesende, incrustada numha parede. Urgorri Serantes baralha a hipótese de que o vestigio se ubicaba originalmente noutro emprazamento e foi reempregado, como material de recheio, para erguer a actual construcçom.
Um dos aspeitos que mais chamam a atençom da ara é a boa conservaçom que caracteriza às inscriçons, de doada leitura. Nada que ver com o estado da pedra que, a julgar polo investigador, acusa o desgaste do tempo.
Da interpretaçom epigráfica feita por Urgorri Serantes, intúe-se a seguinte paráfrase da inscriçom da lousa: "Marco Valerio oferece este voto a Navia polos seus méritos" .
O feito de que apareza só Marco Valerio, no canto das três palavras que formam o nome romano, leva ao estudoso a concluir que o oferente era um habitante da antiga Gallaecia, isso sim, en processo já de romanizaçom. Trataría-se, pois, dum dos primeiros habitantes de Lousame dos que se tem constancia.
Iago Urgorri notificou a Patrimonio o achadego do vestigio e publicará um estudo no anuario "Gallaecia" .
Às jornadas acudirom membros do nosso Colectivo que quedarom satisfeitos com as ponéncias expostas.

Entrevista a Ana Romaní

















"A poesía concíboa como un espazo de liberdade" (A. Romaní)

Apresentámosvos cá a entrevista que a presidenta do Colectivo Literario Sacou, Iria Lago fixo à poeta noiesa Ana Romaní para a revista "Voz de Barbantia"

O texto em formato PDF podéde-lo lêr picando aquí


Sunday, October 01, 2006

37 poemas por man propia

EDICIÓNS POÉTICAS SINGULARES

Ourivería do libro artesanal

Vivimos tempos de vertixe. Todo e seriado, ultrarrápido, funxible, intercambiable. O mundo do libro está a mudar aceleradamente: e-books, cedés interactivos, audiotextos, ciberliteratura, creacións para sms... ¿Hay lugar nesta espiral tecnocultural para a arte en papel, para o volume singular, para a tradición do libro artesanal?

Existen, sen dúbida, illas. Hai espazos para o labor delicado na edición, para a ourivería tipográfica, ilustradora, encadernadora. Son trevos contados, estrelas fugaces, cometas de inusual e lonxincua translación.

En Galicia a edición singular, o libro de artista, o volume artesán leva andado moito e moi vizoso camiño dende os 70-80 do pasado século ata os nosos días. Aos, no seu tempo, avanzados Poemas caligráficos de Novoneyra ou as varias obras poético-pictóricas con textos de Ferrín e debuxos de Lodeiro, Carpo, Facal ou Leiro, ás carpetas recicladas e de manuscrito xerocopiado das Edicións do Dragón nos 90 e mais as apostas de libros encarte, de estoxos tarxetonados de Rodríguez Fer, seguirían nestes anos as criaturas textovisuais de Baldo Ramos, Anxo Pastor, Lois Gil Magariños, Pedro Gonçalves ou Ana Pillado e aínda achegas puntuais de Xosé María Álvarez Cáccamo ou Olga Novo, entre outros.

A Poesía ten corporeizado neles nas máis sorprendentes metamorfoses: composicións escritas sobre abanos, en puntos de lectura, poemas visuais, fotopoemas. A propia materialidade dos volumes adquiriu por veces un protagonismo parello ao da propia verba, xogando coa calidade dos papeis empregados, co cosido ou estampas utilizados, coas (sobre)cubertas, coas tintaxes, e todo centrifugado polo motor da imaxinación, entremesturando celulosa, metais, teas, coiros, líquidos da máis diversa fasquía e procedencia.
Pois ben, nesta escala ascendente de virtuosismo editor ve luz 37 poemas por man propia, composto baixo o selo da Colección Bourel polas expertas mans de Antonio Piñeiro, escritor e facedor de libros que ocupa as súas horas como docente nun instituto da súa Ribeira natal.Con estes vimes non é de estrañar que o tamén ribeirense e Presidente da RAG, Xosé Ramón Barreiro Fernández, escribise no prólogo ao volume que o editor da obra é un delicioso “visionario” da bibliofilia e que “se hoxe houbese milagres diriamos que estamos ante un feito sobrenatural, pero o único milagre é a capacidade creativa, a paixón e o exquisito gusto de Antonio Piñeiro”.

Reunir nun libro a obra de case unha corentena de poetas de distintas xeracións, conseguir que todos eles manuscribisen un seu texto para cada un dos cen exemplares e que, en moitos casos, mesmo os ilustrasen diferenciadamente, compor logo todo acompañándoo coa transcrición tipografada deses textos e montalo, coselo e engomalo manualmente, numerando tamén de propio puño cada exemplar e asinándoo o editor é, dende logo, senón un milagre si cando menos unha heroicidade nos tempos que corren.Nacen estes 37 poemas por man propia co sino certo de se constituír nunha edición de coleccionista, nunha xema bibliográfica que, xa hoxe pero aínda máis co paso do tempo, se verá como unha excepcional aventura literaria que conseguiu reunir baixo un mesmo teito de papel as letras, grafismos e debuxos de poetas dos oitenta como Xosé María Álvarez Cáccamo ou Xulio López Valcárcel, de veteranos como S. García-Bodaño ou Xosé Vázquez Pintor, de autores novos como Eduardo Estévez, Estíbaliz Espinosa, Carlos Negro, Baldo Ramos ou María do Cebreiro, membros do Colectivo Literario Sacou: Ramón Blanco e Manuel Lôpez Rodrígues, e aínda doutros creadores como Antón Riveiro Coello, Manuel Seixas, Sechu Sende ou Eva Veiga, entre outros.

Na tan breve coma lúcida introdución á obra Piñeiro declara que: “O poeta, pola súa banda, non é somentes un artellador de ficcións. Quere ter unha linguaxe propia coa que buscar, conversar coa realidade. Por iso ten unha certa tendencia a tocar, a palpar as cousas, a respirar a súa textura. O poeta é sempre un ser sensual. Non lle chega co entendible. Mira, saborea, achega, vive, toca. Sobre todo toca. Métese nas cousas. Arríscase, incluso, a morrer un pouco con elas”. E engado eu: o poeta e o lector sensible, o visitador atento de rarezas bibliográficas que ha de descubrir nestes 37 poemas por man propia unha pequena catedral lírica que asombra tanto pola beleza das imaxes verboicónicas que encerra coma pola arquitectura mesma que as acolle.

Aniversario de Sacou

Oito anos desde a apariçom em cena do Colectivo Literario Sacou


Desque em Outrubro do 1998 os componhentes de Sacou decidiram editar a revista "A caramuxa" e dar-se a conhecer como grupo; esta entidade literaria e artística foi fazéndo-se mais e mais velha.

Neste mês de Outubro do ano 2006 celebramos o oitavo ano do nascemento do Colectivo. Aínda nom se decideu como festexar (ao longo dós vindeiros trinta dias) dito acontecemento, pero, já começarom a chover ideas ao respeito.

Desde Sacou, saudamos e (em parte, também) felicitamos... a todos os colaboradores/as e amigos/as que durante estes oito anos fixerom possivel, com as suas aportaçons e ajuda, este marabilhoso projecto.

Thursday, September 28, 2006

A (Pre)Historia do Colectivo Sacou

É posíbel que os visitantes desta bitácora teñades interés por coñecer máis polo miúdo qué foi o Colectivo Sacou é qué cousas fixo. Con esta entrada dou comezo a un feixe de letras co que será a miña versión do noso pasado, suxeita probábelmente a réplica e discusión polos demais compoñentes desta casa.
As orixes máis remotas do que sería o noso grupo literario están noutro grupo: o Colectivo Avilés. Constituído en Noia na segunda metade dos 90, a labor desta asociación foi escasa (entre os seus logros, nembargantes, trouxeron ao poeta Uxío Novoneyra a Noia, onde lles asinou unha tarxeta con poemas seus que despois aparecería nun especial da revista 'A Caramuxa' adicada ao poeta do Courel pouco despois da súa morte). Despois dun intento frustrado de sacar unha revista, 'Avilés' esmorece, mais daí sairán dous futuros membros do Colectivo Sacou interesados en voltar a reunirse con xente e conseguir sacar unha revista.
O seguinte paso tivo lugar no verán do 97. Os dous rapaces anteriores (Manuel Lôpez e Xoán Fernández) decidiron voltar a reunirse tódolos venres no Bar 'Adamajuana' en Noia. A estas reunión empezou a pasar xente nova, como Manuel do Río, Nacho Suárez e Anxo Otero. Para moitos de nós o estudar no mesmo instituto (o Virxe do Mar) actuou de punto de contacto para aqueles que tiñamos inquedanzas culturais. Ao ano seguinte sairía a revista cultural 'Casa da Gramática' que segue publicando, e na que os futuros integrantes de Sacou colaborábamos con textos varios.
A etapa do 'Adamajuana' foi un periodo persoalmente rico para moitos de nós, anque non especialmente activo como grupo. Discutíamos moito sobre temas culturais e comezábamos a forxar proxectos de acción (entre elas, a rodaxe dunha curta coa 'Aldea Maldita' de Abuín como telón de fondo). Por desgraza, a maior parte da xente (incluído un grupo numeroso de Rianxeiros, con Roberto Abuín á cabeza) deixou moi cedo de poder vir con regularidade ás reunións. Os que quedamos (Manuel Lôpez, Xoán Fernández, Manuel do Río e Nacho Suarez) deixamos unha base sentada que despois agromaría.
Remato esta entrada cunha das numerosísimas anécdotas do periodo. Aquela noite Nacho informáranos de que ía asistir a un recital de Manolo Rivas que tiña lugar nun concello cercano (en Boiro creo que era). Ao pouco de que marchara, quedamos todos cavilantes e alguén suxeriu "¿E porqué non vamos con el ao recital?". Acto seguido, erguémonos tódos de súpeto e botamos a correr cara a porta, ante a mirada estupefacta do barman (tamén poeta ocasional), que debeu pensar que liscábamos sen pagar. Mais cómicos foron os xestos esaxerados de calma que Manuel Lôpez facía cos brazos para tentar tranquilizar a Heriberto (o barman en cuestión)...

Recital na Tasca Típica

Sem novidade na homenagem a Antón

Segundo a organizaçom da homenagem que esta passada fim de semana se celebrou em Noia, na honra do finado poeta Antón Avilés de Taramancos, o acto foi um rotundo éxito, com numeroso público, e muito emotivo. Representando ao COLECTIVO SACOU estiverom Manolo do Río e Ramón Blanco.

Tuesday, September 26, 2006

Entrevista a Wolé Soyinka

Entrevista feita por membros do Colectivo Literario Sacou ao premio Nobel Wolé Soyinka có gallo do seu encontro en Santiago de Compostela o Día Internacional da Poesía no ano 2001.


- Sr. Soyinka: ainda que nixeriano de nacionalidade, vostede pertence dentro do seu enormemente multiétnico país á coñecida etnia dos Yoruba, ese povo de grandes artistas alcumado ás veces coma "os gregos de África". Canto influenciou esta pertenza á súa obra? Que outras influencias xerais destacaría?

Bueno, cecais a palabra "influencia" non sexa de todo axeitada, xa que influencia suxire algo modificador, namentras a que para min a cultura yoruba é "o que xá está aí"; a cultura yorubua é a base total do meu estilo creativo, da miña cosmovisión, das miñas relacións familiares e da miña cultura (incluso se me estou expresando en inglés). Nixeria é un país curioso: tantas nacións nunha soa "nación". Temos que resignarnos a aceptar unha língua común entre nós, que soe ser a colonial, un fenómeno que soe caracterizar aos escritores africanos, aindo que por debaixo latexe con forza o noso trasunto étnico.
Canto ás "influencias" e lazos co resto do mundo, debo suliñar a cultura e literatura francesas. Son de subliñar os paralelismos que continuamente un vai atopando entre culturas. Cando eu escoitei os fados portugueses por primeira vez, chocoume sobremaneira a súa singular impulsión rítmica, que asocio dun xeito natural cos wollof do Senegal, e con música nixeriana. Igualmente, cando fun a latino-américa por primeira vez atopei elementos de cultura yoruba (ainda que neste caso, coa procedencia clara ... ) no Brasil, en Cuba.... tanto na lingua, nos nomes das deidades... e na cociña! Ate me atrevería a dicir, digan o que digan os académicos, que a cultura grega debe algo da yoruba... En fin, as similitudes que se atopan ao alviscar son incríbles.


- Vostede é un escritor polifacético, cultivador dos máis diversos xéneros, e, entre eles, o do teatro. A este respecto quería preguntarlle sobre a súa participación, valoración e influencia no famoso "Festival das Artes Negras", celebrado no ano 1966 en Dakar e que constitúe un fito do teatro africano...


Claro, non é que eu faga "tamén" teatro; de feito, eu considérome a min mesmo fundamentalmente como dramaturgo, e só accidentalmente como poeta e novelista. Si, o festival do 66 foi moi seminal, un auténtico nacimento: xuntou non soamente as distintas culturas e tendencias artísticas teatrais do continente, senón tamén da Diáspora (o caribe, a America Negra ...), de tal xeito que puidemos analizar os vestixios que quedaban. Ademais puidemos experimentar con novas formas, como o cine. Mais dende entón, desgraciadamente, non puidemos gozar dunha continuidade que desexaría. Cada grupo seguiu o seu propio camiño. Pero certamente, foi un gran feito, aínda que só fase por poñer á vista de moita xente as claves das relacións entre a diáspora e as culturas africanas.

- Cal é a situacián actual dos escritores e intelectuais no seu país?

En xeral, e para a maioría das rexións de Nixeria, a situación dos escritores é boa. E teño que rachar unha lanza a prol dos escritores nixerianos: incluso nos peores momentos, os escritores nunca abandoaron a súa misión. Houbo intres de aparente rendición, baixo a brutal dictadura de Badja, que fixo asasinar ao escritor Kencar Olua. Ese foi o período máis escuro, cando os escritores se xogaban moito no cumplimento dunha misión que non abandonaron. Esto próbano os feitos: moitos fomos encarcerados, outros desapareceron por certo tempo (ninguén sabía onde estaban). Tivemos que organizar unha rede clandestina, para darnos a coñecer, publicar e poder volver ao país. Desafortunadamente, algún de nós non aproveitaron estes medios, atopándose aos seus retornos á Policía Segreda agardándolles,e levándoos directamente do aeroporto aos calabozos, sen que se volvese a ouvir nada deles até a morte do dictador. Foi un periodo moi duro.
Hoxe mellorou moitísimo, anque teño que dicir que temos un serio problema cos fundamentalistas relixiosos. En certas partes (moi pequenas) de Nixeria, os escritores temos que ter coidado. Nestes momentos estou preparando unha función a estrear no meu país. Mais terei coidado de non levar a obra a certas partes de Nixeria, ou estaríame a expoñer perigosamente. Temos estes pequenos "bunkers", pero básicamente, os escritores viven en liberdade en Nixeria.


- Por último, quixera preguntarlle polo futuro do seu país. Como xa comentamos, Níxeria é unha sociedade multiétnica, con grandes diverxencias rexionais (entre o norte musulmán e o sur cristiano-animista, por exemplo]. Vé con optimismo e viabilidade a Nixeria do século que comeza?

Ben, puxeches o dedo na chaga. Nixeria, como froito da colonización, é un constructo artificial. Dentro dela atopamos moitos elementos e intereses en conflicto, estas contradiccións foron (e son ... ) explotadas por políticos cínicos e por dictadores. Quero recalcar que a manipulación é o problema, xa que moitas destas diferencias poderían terse resolto.
Aquí entramos noutro tema: é Nixeria basicamente viable? A artificicilidade da súa creación non está saíndo á lus a tenor das presións, relacións globais, desenrolo dos povos arredor do mundo?. Non é só Nixeria: moitas nacións están sendo cuestionadas, e non só en África, senón en Europa: o bloco monolítico da vella Unión Soviética xaz en ruinas, mirade o que está a pasar na vella Xugoslávia, no Reino Unido (o problema irlandés está lonxe de resolverse aínda). Na península ibérica, algúns vascos sequen matando en nome da liberación nacional. Isto acontece anque as persoas de fora, coma min, cren que ten que haber outras formas de resolver o problema.
Como resolveremos esto? Bueno, eu non son profeta, pero considero que o primeiro de todo pasa por entender e aceptar que moitas das nacións do mundo son entidades artificiais, que o desenrolo global trae á lus novos problemas que a artificialidade desas nacións non pode resolver. A un ás veces danlle ganas de berrar: "Ao inferno as nacións!! Viva a Humanidade!! Pero o punto de partida son os seres humanos dentro destes límites artificiais. E son eles os que deben decidir se estas nacións teñen un verdadeiro significado no mundo actual. Éche esta unha longa cuestión que non podemos resolver nuns poucos minutos.

Sunday, September 24, 2006

Un artigo

A importancia de ter rostro
O Colectivo Sacou , un grupo de rapaces novos que se xuntan coa intención de dinamizar a vida cultural da súa vila (neste caso Noia) e defender a cultura do país. Ata o de aquí, unha historia común. O que non é tan común é que varios premios Nóbel teñan exemplares da publicación destes grupo, que os seus compoñentes participasen nos actos do Día Mundial da Poesía 2001 ou que leven tres anos organizando actos polo que custan uns pinchos.

Santiago.Redacción. 7 / 10 / 2002A filosofía do pincho Acadar que un escritor con fama no país acuda a un acto organizado organizado por un grupo descoñecido de rapaces nunha vila máis ou menos afastada non é tan difícil. O colectivo Sacou vén demostrándoo en Noia desde 1999.”A xente se, es educado e tentas atacarlle polo lado sensible adoita ser boa. Nós non temos un patacón, e intentamos compensalos cunha amena conversa e uns pinchos”, explica Manolo Del Río, un dos fundadores do colectivo. Nos actos de Sacou, os calamares son os reis da mesa, “os literatos galegos teñen unha paixón enfermiza polos calamares, é o primeiro que desaparece”. Pero tamén hai tortilla, queixo, pementos e embutidos que se reparten entre convidados, membros do colectivo e espontáneos, ademais dunhas botelliñas de viño. Para convencer ós persoeiros da cultura para que colaboren gratis, os de Sacou sonsácanos falando da súa mocidade (todos eles roldan os vinte e moi poucos), da gaña de facer cousas ou da admiración polo suxeito concreto. ¿Que como conseguen os números de teléfono? Preguntando e buscando na guía. Unha maioría dos interpelados colaboran co colectivo, e mesmo moitos queren repetir. ”A maior parte da xente ten bo corazón”, sinala Manolo.

Nomes e fitos
Facendo as cousas deste xeito, teñen acadado que pasasen por Noia sen cobrar para recitais, charlas e conferencias xente coma Xosé Luís Méndez Ferrín, Carlos Casares, Chus Pato, Xosé María Álvarez Cáccamo, Iolanda Ogando, Damián Villalaín, Francisco Fernández Rei, Iolanda Castaño, Enma Couceiro, gonzalo Navaza, Anxo Angueira, Euloxio Ruibal ou Luís Álvarez Pousa entre outros. Moitos deles foron chamados para participar nas Xornadas de Defensa da Cultura Galega, que xa levan dúas edicións e que contan coa colaboración do Concello de Noia á hora de pagar a publicidade, os pinchos e unha figuriña de recordo para cada convidado. Para os actos organizados polo colectivo en solitario, son os propios membros de Sacou os que fan bote para pagar os pinchos que tamén comparten. Ademais das xornadas, o colectivo fixo recitais e presentacións por casas da cultura de toda a zona da Ría de Noia, un primeiro paso na intención destes rapaces de darse a coñecer nas principais cidades do país. Aproveitando a estancia dun membro do grupo en Ourense, conseguiron unha presentación-recital no desaparecido Café Auriense, e aló foron todos, a durmir no chan da casa do seu compañeiro. E aproveitaron a estancia para visitar Allariz, onde tamén tiñan concertado un acto no café Roi Xordo. E todo seguindo a filosofía do pincho e do traballo gratuíto. Tamén aproveitando a estancia de coñecidos en Vigo arranxaron outro acto no bar A Cova do Rato, aloxándose nada máis e nada menos que na casa de Méndez Ferrín, que tamén presentou o recital.

Día da Poesía: De cara ó estrelato Sen dúbida un dos fitos fundamentais do colectivo foi a súa participación no World Poetry Day celebrado en Compostela no ano 2001. Avisados por un coñecido da existencia deste evento e aproveitando a estancia de varios membros do colectivo en Compostela, participaron no recital de novos poetas galegos e aínda despois deron outro no espacio habilitado para recitar no Pazo de Bendaña. Por se fose pouco, foron convidados a falar na mesa redonda sobre a edición da poesía, logo de que fallasen varios dos asistentes, e aportar a súa visión de autores autoeditados. Na súa liña habitual, os membros de Sacou aproveitaron os viños de honra celebrados despois dalgúns actos para iniciar conversa con premios Nóbel coma Wolé Soyinka ou con poetas de varias nacionalidades. Neste encontro os membros do colectivo realizaron abondosos contactos e agasallaron con libros de Rosalía, Ferrín, Manuel Antonio e Blanco Amor a varios poetas, con tan boa fortuna que algún deles convidounos a participar nun encontro de poetas novos en Trieste (con gastos pagos), que finalmente non se chegou a celebrar.

Pronto todo o mundo terá unha “Caramuxa” Ano 2000. Consello da Cultura Galega. Viño de honra posterior a unha presentación. Carlos Casares, daquela presidente da institución, debate animadamente cuns rapaces que acadan venderlle, ó módico prezo de vinte pesos o exemplar, unha colección completa da revista que edita o seu colectivo. Si, son de novo os de Sacou. A revista trimestral do colectivo, “A Caramuxa” chegou seguindo este sistema a persoeiros coma Saramago, Walé Soyinka, Derek Wallcott, Eugênio de Andrade, Jean Ives Casanova, Méndez Ferrín... Unha revista que inicialmente se publicou en fotocopias coas contribucións de cada un dos membros do colectivos ata que no número sexto se lles ocorreu preguntar na imprenta da editorial noiesa Toxosoutos, se lles podían axudar na maquetación da revista. Resultando que desde entón é esta empresa a que maqueta, imprime e distribúe gratuitamente a publicación só a cambio de incluír unha páxina de publicidade na mesma. Actualmente pode atoparse gratuitamente en moitas librerías, bibliotecas e centros de ensino de todo o país.

De aquí en adiante Como proxectos máis inmediatos do colectivo está a creación dunha plataforma para coordinar os actos a celebrar en homenaxe a Avilés de Taramancos en Noia. Ademais, queren continuar as Xornadas en Defensa da Cultura Galega agardando manter o número de asistentes (unha media de corenta persoas por acto) . Dous dos membros do colectivo veñen de sacar “A Mincha”, unha revista na que autoparodian ós propios creadores do grupo, e para os vindeiros meses prevén anovar a súa web, polo de agora en probas e na que dan abondosa información sobre o traballo que desenvolven. Calquera día poderemos velos pola televisión, nunha recepción oficial ou en calquera acto de importancia onda un persoeiro da cultura, seguindo a filosofía do pincho.

Friday, September 22, 2006

Ramón Blanco

Orfeu en soños


"Esperta este Orfeu en soños de vedraia tumba de marbre, nun illote fronte ás costas de Tracia, erguendo a fonte limpa do seu canto e a súa profética sombra ("Pantasma de dubidoso aspecto") dende as primeiras páxinas do libro. Mais non recalará a súa lira nas costas mediterráneas homérico mar, escuro coma o viño. Na súa singradura escorregan ronseis e hexámetros clásicos sobor das ondas, e os timoneis de Ulises a Derek Walcott e Manuel Antonio sucan por mares nunca de antes navegados. O obxetivo son as Illas Afortunadas, metáfora ou paráfrase incompleta da Arte e da Poesía Boa. Cada poema é arquipélago de seu; os versos, as imaxes corren en carreira desbocada, iluminan uns instres antes de apagarse como chama e seren sobrepasadas na carreira.

Recalada nunha illa: rubimos entre o recendo de rústicas flores a tortuosa xeografía da sintaxe. En cada río e curso de auga toma quizaves Ofelia as nove ondas que fecundan estes versos. E os paxaros faladores esgazan co peteiro follas que conteñen poemas de amor".

Un artigo de opinión sobre este libro e o poeta de Sacou aquí

Thursday, September 21, 2006

Homenagem a Antón Avilés de Taramancos


O Colectivo Literario SACOU estará este vindeiro Domingo (dia 24 de Setembro) na homenagem que amigos, familiares e membros de Galiza Nova, lhe realizaram na taberna que o poeta regentou durante os últimos anos da sua vida: "A tasca típica". O lugar, de sobra conhecido por todos os habitantes de Noia, nom deixa de ser também um sitio emblemático para os membros de Sacou, pois foi alí mesmo onde naceu o grupo e onde se lhe puxo nome xunto com a revista (A caramuxa) que mais tarde se repartiría por todo Galiza. O acto será pola manhá e haberá uns vinhos e pinchos para todos os asistentes.
Durante o acto, recitaram poemas do vate o poeta Ramón Blanco e o historiador Manolo do Río.

Mais informaçom sobre A. Avilés de Taramancos aquí

O Colectivo Sacou em rede


Vam alô 8 anos desde a criaçom de Sacou. Os companheiros e companheiras que aínda quedamos a bordo desta aventura, desde fai um tempo, (digámo-lo assim) algo paralisada, decidimos tras pensa-lo muito fazer um último esforço para pôr a salvo as malas e oferecervo-las a todos a través deste instrumento (ou medio) chamado internet.
Benvindos por tanto à web oficcial do Colectivo Literario Sacou, que iremos actualizando cada pouco.

Para mais informaçom ponho no vosso conhecimento que o novo correio electrónico do Colectivo (também actualizado) é o seguinte: